Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

DÍA 1/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe é un dos nosos contos favoritos. Trátase dunha adaptación dun conto real de Adriana Szusterman. É moi útil para practicar praxias orofaciais que posibilitarán o correcto desenvolvemento da linguaxe: Posibles actividades: Contarllo aos bonecos, a algún familiar, amiguiño/a... Imitar caras : podedes poñervos un fronte ao outro e facer distinta muecas para que os peques vos imiten (e viceversa). Ou podedes poñerlles distintas caras como as que vos deixo do "Xogo das caras" de Ed.Nathan Mover o esqueleto: déixovos o vídeo que fixo un compañeiro do CRA de Vilaboa.  Que teñades unha bonito día 🌈

DÍA 31/03/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe xa o vimos moitas veces na clase, con el traballamos conceptos lóxico- numéricos. Trátase de "A contar cacas" de Géraldine Collet y Éric Gasté (Cubilete) Posibles actividades: Contar cacas: podedes facer boliñas de plasti/papel/papel de aluminio/xornal (que simularán cacas) e teñen que poñer enriba de cada número a cantidade de cacas correspondente. Podedes facer vós os números ou utilizar os dunha baralla... o que teñades por casa.  Conceptos grande-mediano-pequeno: facer boliñas de caca grandotas, medianas e pequenas. Podedes combinalas logo co concepto de número (catro cacas grandes, tres cacas medianas...) Carreiras de cacas: unha vez feitas as "cacas" do material que se vos ocorra, podedes utilizar varios recipientes (aos que lles poñeredes un número, eu vos aconsello de momento ata o 5, pero se vedes que dominan máis, pois aumentades) e teñen que ir correndo dun lado ao outro da cas...

DÍA 30/03/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe temos un conto que fala sobre a importancia de compartir o coñecemento: "Pájaro Amarillo" de Olga de Dios (Apila Ediciones): Posibles actividades: Crear un invento con material de refugallo e pensar para que podería servir: Investigar sobre estas aves en internet (poden teclear o nome eles no teclado se llo escribides nunha folla en maiúsculas e grande) e observar a súa cor, contar os que hai,  agrupar as que poden voar das que non.... Atopar as diferenzas entre o día e a noite do protagonista: Ver documentais sobre aves... Bailar: Que teñades un bonito día! 🌈 Por certo, aínda que eu recomendo mercar os libros sempre que se poida (son maxia nas nosas mans), ante esta situación extraordinaria, podedes ir a páxina de  https://olgadedios.es/portfolio/libros/   e alí tendes algúns contos para descargar de balde grazas a autora. 

DÍA 27/03/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Estos días, moitas doutoras están mandando mensaxes aos coles agradecendo o ben que o están facendo os nenos e as nenas. Hoxe temos unha mensaxe super importante da prestixiosa doutora Tiritas. Prestade moita atención a todo o que di. Por outro lado, comparto convosco un conto que me encanta, na imaxe e voz da nosa compi Olalla González coa axuda da súa filla: http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1&video=Olalla+Gonzlez+-+Garbancito&fbclid=IwAR0EK8g2vOkP6XGR9wMYGTU3xZ7HNbTel5zEUGJTpEt60aAYm7A1QlB195c#PD_Olalla%20Gonzlez%20-%20Garbancito (Anímovos a que probedes a facelo na casa tamén. Escollede un conto e gravádevos cos peques. Podédelo compartir cos vosos seres queridos... Un conto sempre é unha idea xenial para sacar sorrisos aos demais!) Comparto tamén esta receita super fácil para facer coas criaturas (eu cambiaría a salsa barbacoa por tomate normal, jeje). Están boísimas! E para que non pe...

DÍA 26/03/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe é coñecido polos peques. Trátase de "¡Voy a comedte!" de Jean- Marc Derouen e Laure du Faÿ. Posibles actividades: Labirinto de escape : facer un labirinto con algunha lá ou cordón que teñades por casa. Algún membro da familia fai de lobo e os demais teñen que escapar a través do labirinto Búsqueda dos dentes do lobo : escondedes os dentes do lobo (poden ser grans de arroz ou boliñas de plastilina branca...) e despois eles/as terán que atopalos. Poden ir meténdoos nunha cestiña e logo contades cantos conseguiron. Facer máscaras e representar o conto: Que teñades un bonito día! 🌈

DÍA 25/03/2020

Imagen
BO DÍA!! 😃 O conto de hoxe é "Oso atrapabolboretas" de Susanna Isern e Marjorie Pourchet. Espero que vos guste: Posibles actividades: Reflexionar (esta é só para adultos)  sobre posibles comportamentos dos pequenos/as:  Está máis sensibles (móstranse máis mimosos e só queren estar ao noso lado) Hai máis pelexas entre irmáns ou irmás Non fai o que lle pedimos, pega ou insulta e despois se pón triste. Síntomas somáticos: dor de cabeza ou barruiguiña Alteracións do sono: pesadelos, espertar varias veces.. Aumentan as rabietas (frústanse con máis facilidade) É totalmente normal, necesitan paciencia e moito, moitísimo cariño. Podedes poñer en palabras o que están a sentir e darlle outra opción máis positiva. Por exemplo: "Entendo que te sintas triste/enfadado/angustiado, eu tamén me sinto así ás veces, pero cando te sintas así, podemos debuxar ou contar un conto para que estés mellor ou podes propoñerme ti algo que che faga sentir feliz" ...

DÍA 24/03/2020

Imagen
BO DÍA!! 😃 O conto de hoxe é un dos meus favoritos! Titúlase "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Ruillier Como me gustaría poder contárvolo en persoa e escoitar as vosas ocorrencias... Polo momento, terémonos que conformar con esto: Posibles actividades: Búsqueda do tesouro : buscar por toda a casa cousas redondas e cousas con forma cadrada. Podedes poñer dúas caixas (unha con un círculo e outra cun cadrado) e que eles/as vaian metendo as que vaian atopando. Cando rematen , cóntanse. Podedes dialogar sobre onde hai máis e onde hai menos. Collage xeométrico : podedes recortar círculos e cadrados (con folios de cores se tendes, senón de revistas ou o que se vos ocorra) e que eles/as formen a súa propia obra, pegando, debuxando liñas, puntos... o que queiran. Construcción: se teñen pezas de construcción, poden facer cadrados e círculos coas mesmas. Xogo motor : poñer no chan círculos e cadrados de diferentes cores. Eles/as deberán ...

O BLOG DA PROFE GEMMA

A profe de Reli tamén vos bota de menos. Este é o seu blog: http://relisementandoilusions.blogspot.com/

DÍA 23/03/2020

Imagen
BO DÍA!! 😃 Debido a que o sábado foi o día da poesía, o vídeo de hoxe non podía ser menos. Trátase dunha adaptación do poema de Cleri Evans: Posibles actividades: "A procura de Colorinda": podedes facer unha fada con plastilina ou calquera outro material. Primeiro a esconde un membro da familia e os demais teñen que atopala. Despois ao revés. Podedes utilizar o xogo de frío-quente. Formar a palabra "Colorinda" e inventar outros posibles nomes que comecen por cada unha das letras do nome real Atención ás vogais: colorear cada parte da cor que nos indica (se non tedes impresora, podedes debuxar unha flor e poñerlle vos as cores, é moi doado) Mover o corpo con Uxía Lambona e a Banda Molona: Facer flores con botóns: poñerlle tantos pétalos (botóns) como lle digades (apoiade con número escrito a norma). Por exemplo: "esta flor ten que ter catro pétalos" (e lles ensinades o número 4). Se non tendes botóns, con calquera ...

"AGORA SI QUE TEMOS TEMPO"

Imagen
A pesar da situación que estamos a vivir, considero que é unha boa oportunidade para reforzar a autonomía dos pequechos e das pequechas.  Aquelas cousas que lles facíamos nós, debido á présa por chegar ao cole ou a calquera lado... agora, temos todo o tempo do mundo para que eles/as o fagan sós. Déixovos algunhas ideas: Comer Lavar a froita Poñer a mesa Partir froita madura cun coitelo de seguridade Abrir e pechar caixas Lavar a cara e peinarse (con supervisión) Preparar un zume Lavar os dentes Vestirse e desvestirse (con axuda) Regar as plantas Lavar as mans Levar a roupa sucia ao cesto Limpiar a mesa cun trapo húmido Sonar o nariz Reciclar Tender a roupa (con axuda) Abrir e cerrar frascos Sacar brillo aos zapatos Alimentar e coidar das mascotas Limpiar o polvo Doblar a roupa (con axuda) Coser un botón Pelar allos, ovos duros, mandarinas... Cascar e bater ovos Ducharse e secarse (con supervisión) Facer pis e caca e limparse (con supervis...

DÍA 20/03/2020

Imagen
BO DÍA!! CHEGOU A PRIMAVERA!! 💮💮🥀🥀 O conto de hoxe é: "Bajo el mismo cielo" de Britta Teckentrup Posibles actividades: Xogo "Na procura da primavera" : escondédeslles as letras que forman a palabra "primavera" nunha habitación ou pola casa adiante (cada letra en papeliños grandes e en maiúscula sempre), e teñen que atopar todas as letras. Cando as atopen, podedes contalas. Para formala, podedes axudarlles dicindo: "primeiro a -P- de Paula, segundo a -R- de Rosalía... e así con todas. Mural primaveral: nunha cartolina grande (ou pegando varios folios xuntos para facer unha superficie grande), poñédela no chan  e dádeslles material plástico para pintar (ceras de cores, témpera... o que teñades). Explicádelle que teñen que debuxar o que máis lles guste da primavera (sol, os paxariños,  as flores....). Sería xenial se acompañades a actividade con música clásica... Plantar lentellas : coma no cole plantaramos landra...