Durante esta semana, relacionado con proxecto de centro, tivemos varias actividades nas que quixemos visibilizar e dar a coñecer a importancia que teñen as mulleres no medio ambiente. O luns, visitounos Dolores, a presidenta das mariscadoras a pé de Santa Lucía de Moaña. Contounos en que consistía o seu traballo, que aparellos utilizaban para ir ao mar e o duro que era. O martes, estivo na nosa clase Eva (a nai de Aroa G), quen nos explicou o procedemento que vai dende a recollida do peixe ou marisco ata o seu envase en latas de conserva. O que máis nos gustou foi poder ver as máquinas que manexan en pleno funcionamento! E o mércores, acompañounos Rebeca (a nai de Iván), que nos explicou o que é ser "científica", a importancia de observar o medio no que vivimos e que temos que coidar a tódolos seres vivos que se atopan no mar, se non queremos que deixen de existir. Quedounos moi claro o que significa ese sinal con forma circular e unha liña branca no medio (non podemos coll...