Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

SEMANA DA CIENCIA

Imagen
 Para celebrar a semana da ciencia tivemos a gran oportunidade de ensinarlles aos máis peques do cole (nós xa somos de 4! jiji), o experimento do arco da vella!  Estaban emocionadísimos observando que cor chegaba primeira.  E todo isto grazas á unha propiedade dos líquidos que se chama "capilaridade".   E por suposto, os nosos compis de 1º de Primaria nos ensinaron a propiedade que algúns materiais teñen para flotar. Observamos cales flotaban e cales non, e finalmente tivemos que moldear un anaco de plastilina para que puidese flotar. Tivemos que ter moita paciencia, porque as cousas importantes non se conseguen á primeira, requiren de moooooito tempo! E se queredes ver máis experimentos, pasádevos polo blog da Biblio! http://ceipseara.blogspot.com/

25- N: "A igualdade nos xoguetes"

Imagen
Nestas etapas intentamos facer fincapé na igualdade de oportunidades entre ambos sexos. Relacionado co proxecto que estamos a levar a cabo na aula "O meu corpo", fixemos a seguinte dinámica: En primeiro lugar, observamos as diferencias físicas entre Pepiña e Pepiño: Despois, pedinlles que escolleran xoguetes para regalarlle á nena e xoguetes para regalarlle ao neno. Tiñan que poñerse de acordo nos equipos: E foron colocando as súas eleccións: Este foi o resultado: Como podedes observar a Pepiña regaláronlle, maioritariamente bonecas ou aparellos para coidalas e a Pepiño, cousas con rodas ou dinosaurios... É unha dinámica para que reflexionen eles/as, pero tamén nós como adultos xa que, a igualdade de oportunidades comeza pola liberdade de elección nos xogos. Independentemente das diferenzas físicas, tódalas persoas deberían ser libres para escoller a que queren xogar para que, na etapa adulta poidan tomar as súas propias decisións sen prexuízos sexistas. Así no lo explicaron ...

Creación libre con elementos do medio natural

Imagen
 As posibilidades do Outono son infinitas! Unha das que máis lles gusta aos pequenos e as pequenas é a de crear libremente... Algúns crean en solitario, outros por parellas... Pero todas as obras son dignas dun museo! E por suposto, a recollida! Unha gran labor de clasificación!

Na procura das castañas perdidas

Imagen
Este venres, tivemos unha importante misión: dar con todas as castañas que estaban agochadas no patio. Para tal fin, organizámonos en equipos de maneira que cada membro do grupo tiña que levar as castañas que atopase á bandexa do aro do seu equipo. Contámolas para descubrir qué equipo conseguira atopar máis... E agrupamos as castañas coa axuda das cartas dunha baralla

Bandexas sensoriais e composición do nome propio

Imagen
As bandexas sensoriais son un elemento que está moi presente na nosa aula, sérvennos para desenvolver destrezas como a motricidade fina, orientación espacial...  Desta vez, utilizámolas para compoñer o noso nome coa axuda das letras de lixa. Primeiro separamos as letras que forman parte do noso nome das que non o fan. Repasamos as letras de lixa cos dediños para sentir a súa textura... E facemos as letras na bandexiña. Ou outros debuxos que nos apetezan.

Tempo para experimentar coas cores...

Imagen
Esta semana, fixemos unha das cousas que máis lles gustan aos peques, mesturar cores coas propias mans! E aproveitamos para debuxar letras e outros debuxos!