Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

"As fabas máxicas"

Imagen
A través da obra teatral "Xan, e as fabas máxicas" que vimos en "streaming" mediante a canle de Afundación, fixemos varias actividades en relación coa mesma... Recollimos as fabas que sementaramos no outono e fixemos xogos con elas... E preparamos o noso propio castelo para que as fabas "máxicas" suban por el.

"Feliz Día das Nosas Letras"

Imagen
  Para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano, descubrimos a Xela Arias. A través dun conto que ela mesma inventou ("A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia"), as pequenas e os pequenos imaxinaron a súa propia viaxe a un mundo extraordinario:

"O hotel dos bechos"

Imagen
Con material que nos presta a natureza, fixemos un hotel para que os bechiños poidan descansar antes de seguir o seu camiño. A súa función é moi importante para o noso horto, xa que a maioría destos animaliños (como as abellas solitarias) son polinizadores e axudan a que os nosos cultivos fructifiquen. Cada equipo fixo o seu propio deseño: Despois, collendo as mellores ideas de cada grupo, a profe pegou a instalación a dúas caixas de froita. O noso conserxe Luis, deulle o toque final con este tellado tan "cool" (moitas grazas pola túa axuda😉)

Fabricamos sal de cores

Imagen
Para traballar a psicomotricidade fina a través dunha actividade sensorial, fixemos tarriños de sal de cores. En primeiro lugar, tinguimos o sal con xiz de cores: Unha vez tivemos varias tonalidades, comezamos a encher os nosos tarriños: Aproveitamos os recreos que chove para facer este tipo de manualidades que nos levan bastante tempo, e así desenvolvemos a paciencia.

DÍA DA POESÍA

Imagen
O 23 de marzo celebramos o Día da Poesía no cole facendo a nosa propia poesía colectiva. Así pois, partindo dunha primeira estrofa que Searín ideou xunto coas profes, as distintas titorías foron aportando novos versos. Comezamos cos máis pequechos en infantil e a poesía seguiu crecendo ata chegar ao sexto curso. Ademais, o seu contido está enfocado no PDI de centro e podemos asistir á súa lectura comezando o seu percorrido na planta baixa ata chegar ao primeiro andar, pois cada estrofa está plasmada nunha cartolina. Como somos conscientes de que a poesía como máis nos gusta é cando alguén nola recita, algúns rapaces e rapazas foron á radio gravala para que poidades escoitar o resultado final.   Esperamos que vos guste tanto como a nós!! 😊