Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

"Rosalía pequeniña"

Imagen
Hoxe, o lobo feroz deixounos un sobre no que había unha carta que contiña pistas sobre a protagonista do día: unha foto e unhas letras. Tivemos que indagar sobre quen era a muller da foto (onde vivía, a que se dedicaba, cantos anos tiña...) e descubrir o seu nome coas letras que nos deixara como pista. A profe de música, ensinounos unha canción e nos falou máis cousiñas sobre a vida de Rosalía de Castro. Entre todos/as interpretamos a canción! Anímovos a pasar polo blog da biblio para ver os demais cursos... http://ceipseara.blogspot.com/2021/02/feliz-dia-de-rosalia.html?m=1 Así a imaxinamos nós:

Creación literaria a través da portada dun conto

Imagen
Como esta semana non puidemos ir á Biblio a polos contos, encargueime eu de buscarlles algúns títulos que lles gustaran.  Aproveitamos para facer unha actividade de creación literaria, que consistía no seguinte: Escollemos a portada que máis nos guste (sen abrir o libro nin ver o seu interior). Observamos con moito detalle o debuxo e o título da portada. Imaxinamos a resposta ás seguintes preguntas: quen será o protagonista, como se chamará, onde vive, con quen, que aventuras correrá.... Debuxamos o que acabamos de imaxinar. Inventamos un novo título. Velaquí algúns exemplos: Anímovos a que xoguedes cos pequechos/as a imaxinar novas historias a partires dunha portada, un título, unha personaxe... Algúns debuxarán, outros escribirán con algunhas letras que coñezan e outros, garabatearán... Non vos preocupedes, cada un vai ao seu ritmo e está evolucionando pouco a pouco, sen présas nin presións.  O importante é conseguir que amen a literatura, non que a aborrezan. 📖

A maxia do Entroido

Imagen
 Aínda que estamos ante un ano atípico para moitas cousas, dende o cole procuramos que os pequenos e as pequenas se sintan ben emocionalmente. O Entroido é sinónimo de festa rachada, de contacto estreito e de imaxinación. Sabemos que este ano, tivemos que privarnos do segundo, pero poidemos aproveitar o que si está permitido. E ademais, todos/as cumplimos o Eco-reto de Febreiro!  Oxalá o ano que vén, poidamos celebralo moito máis. Vaite Coronavirus, vaite!

Facemos plastilina caseira

Imagen
 Aproveitando as ordes da Meca... o día do mandil, fixemos "plastilina caseira". Algunhas fixeron pizzas de pepperoni... E outros crearon mensaxes secretas.... Foi super divertido!  Recórdovos a receita que traballamos previamente antes de poñernos mans á masa!

A caixiña dos medos

Imagen
 A través de obras literarias, falamos sobre os medos... aquilo que nos da medo, que nos pasa no corpo cando sentimos medo, que facemos para que se nos pase... E despois de debuxalos, lles propuxen meter os seus medos nunha caixiña. Pero só lle din o material: paús pequenos. Así que tiveron que darlle a cabeciña para poder construir a súa caixa: Despois de analizar a mellor opción xeométrica (forma cadrada, triangular ou rectangular, con tapa ou sen tapa...). Puxémonos mans á obra... e ao pegamento! Tivemos que agardar a que secara, para podela decorar... Et voilá!