Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

CELEBRAMOS O NADAL!

Imagen
Estes días estivemos facendo moitas cousiñas para preparar o Nadal! Fixemos a nosa árbore de Nadal... cos pés! Menudas coxegas! E tamén, fixemos unha árbore entre todos os nenos/as de Educación Infantil! Experimentamos coas novas bandexas no recuncho das Experiencias... Participamos no amigo invisible do Calendario de Adviento.  Utilizamos tubos de papel hixiénico para meter a sorpresa e llo regalamos aos nenos/as de 5 anos: A nós, trouxéronnolo os amigos/as de 2º de Educación Primaria.  Moitas grazas! Están riquísimas as sorpresas! Fixemos adornos con materials de refugallo e intentando consumir 0 plásticos... Fixemos unha postal que levamos ao buzón... Creamos murais cos maiores.. Levamos as cartas aos Reis Magos..  Desfrutamos dunha deliciosa chocolatada! (Moitas grazas ao ANPA pola súa organización!) Lemos...

"Mucks Mäuschen still"

Imagen
"Mucks Mäuschen still" ou o que vén sendo "a la chita callando" é un xogo de mesa no que o rato Mauricio entra no castelo do Queixo, silenciosamente, para roubarlle ao rei o seu queixo. Ten que facelo en silencio e sen espertar aos guardiáns que están a durmir. O xogo consiste en tirar o dado e meter os paus na cor que toque, sen que as campanas soen. Con isto, propiciamos unha boa coordinación óculo-manual,  psicomotricidade fina,  precisión e paciencia.

Instalación con tubos, teas de cores e vasos de iogur

Imagen
Desta volta, utilicei para facer a instalación: tubos de cartón, teas de diferentes cores e vasos de iogur. Pouco a pouco xa se van soltando máis nas súas creacións e estas deixan de ser tan individuais para se converter en obras conxuntas. O conseguido sempre supera o esperado... O que parece xogar por xogar, en realidade supón moito máis: experimentar con texturas, tamaños, materiais,  realizar hipóteses, deducir conclusións, relacionarse cos demais, superar conflitos, buscar solucións aos problemas que xorden... E non nos esquezamos de que a última parte tamén é importante. Non só é recoller por recoller, senón clasificar o material nas diferentes caixas de ordenación, con todo o que iso supón a nivel lóxico.

¡WAUU!

Imagen
Esta semana presentamos un novo xogo: ¡WAUU! de Hervé Tullet (Kókinos) Trátase dun xogo de cores e lóxica cuxo obxectivo consiste en completar, con fichas sacadas ao chou, as cartolinas deseñadas por Hervé Tullet, formando secuencias lóxicas, ritmos ou combinacións de cores.  É moi interesante para desenvolver a creatividade e a imaxinación, pero tamén para asimilar pequenas normas, respectar as quendas do grupo...