DÍA 31/03/2020

BO DÍA!!

COMO ESTADES?

😃


O conto de hoxe xa o vimos moitas veces na clase, con el traballamos conceptos lóxico- numéricos. Trátase de "A contar cacas" de Géraldine Collet y Éric Gasté (Cubilete)





Posibles actividades:
  • Contar cacas: podedes facer boliñas de plasti/papel/papel de aluminio/xornal (que simularán cacas) e teñen que poñer enriba de cada número a cantidade de cacas correspondente. Podedes facer vós os números ou utilizar os dunha baralla... o que teñades por casa. 

  • Conceptos grande-mediano-pequeno: facer boliñas de caca grandotas, medianas e pequenas. Podedes combinalas logo co concepto de número (catro cacas grandes, tres cacas medianas...)

  • Carreiras de cacas: unha vez feitas as "cacas" do material que se vos ocorra, podedes utilizar varios recipientes (aos que lles poñeredes un número, eu vos aconsello de momento ata o 5, pero se vedes que dominan máis, pois aumentades) e teñen que ir correndo dun lado ao outro da casa para enchelos (canto maior sexa a distancia, máis movemento para eles/as)

  • Asociación grafía-cantidade:

  • Imitación dos animais do conto: podedes poñer música e cando pare, decídeslle que se convertan en cada un dos animaliños do conto.


Grazas polas fotiños que me mandades ao correo. Estades facéndoo xenial!

Aproveito para recomendarvos tamén que visitedes o blog da biblio do cole, onde poderedes ver moitas máis ideas:

http://ceipseara.blogspot.com/



Que teñades un bonito día!

🌈

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!