Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

DÍA 1/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Xa estamos en Maio, recordade pasala páxina do voso calendario! Espero que vos guste o conto de hoxe, tanto tanto coma min. Posibles actividades: Asemblea familiar : diálogo sobre o que máis nos gusta de cada membro. Exemplo: "Grazas por ser tan divertida...grazas por facer unha comida tan rica....grazas por xogar conmigo..." Facer un debuxo para alguén que queramos moito. Estatuas amorosas : poñemos a canción que máis nos guste e cando pare a música (ou cando diga algunha palabra que teñamos pactada) temos que darnos unha aperta. Facer unha cápsula do tempo : no que metades aquelas cousas que para vós teñen máis importancia a día de hoxe. Podédelo facer como unidade familiar, de maneira que cada membro meta algo ou sós/as. Estamos a vivir un momento histórico e seguro que nun futuro, voltaremos a vista atrás e nos alegrará observar o que para nós era máis importante nesa época. (Eu xa fixen a miña) Spa familia...

DÍA 30/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe toca meter as mans na masa!! Primeiro paso... Localizar os ingredientes... Alá vamos!! Podedes gardala nun tupper e así vos durará varios días. Recordade que ao final de todo hai que recoller o que utilizamos e limpar o que ensuciamos. Espero que vos guste e que poidades facer miles de cousas con ela porque aguanta bastante tempo. Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 29/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Continuamos coa estimulación da linguaxe. Desta vez, propóñovos a seguinte canción coa que traballaremos as diferentes partes da cara: Posibles actividades: Cantar a canción e facer os xestos. Formar unha cara : podedes utilizar recortes de revista ou de debuxos. É moi importante que o fagan eles/as nun primeiro momento, sen intervir. Nunha segunda parte, podedes conversar con eles/as (por exemplo: se puxeron tres ollos en vez de dous... preguntarlles sobre cantos ollos teñen e que os conten, e se queren rectificar a súa cara, pódeno facer pero se lles gusta como o fixeron, déixadeos porque é a súa obra e xa se deron conta da cantidade ao falar con vós). Quebracabezas cara/nome : antes desta situación fixera material personalizado para cada pequeno/a. Quen queira o seu quebracabezas para imprimir que me escriba a morado.seara@gmail.com e llo mando 😉 Xogo con dado : trátase de lanzar o dado, mencionar a parte que nos toco...

DÍA 28/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe é coñecido por todos/as. Espero que o desfrutedes: Posibles actividades: Dramatizar o conto : cos peluches ou xoguetes que teñan por casa (coas construccións poden facer casiña, cos peluches poden ser os protagonitas... )que pensen eles/as como máis lles gusta, incluso poden ser eles/as mesmos/as as personaxes do conto. Grande- mediano- pequeno:  buscar pola casa cousas grandes, pequenas e medianas e agrupalas atendendo ao tamaño. Coas imaxes do conto, recordar que oso era o grande, cal o mediando e cal o pequeno. Alto- baixo : indagar sobre que membro da familia é o máis alto e cal o máis baixo (dos que estades no mesmo núcleo familiar). Podedes utilizar un espello para que lles sexa máis doado ou marcalo na parede. Construir torres altas e baixas con vasos de iogur, pezas de construcción, coxíns... o que se vos ocorra. Quente- frío: na hora da comida conversar sobre que alimentos están quentes, cales ...

DÍA 27/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Comezamos a semana coas aventuras de tres amiguiños. Espero que vos guste: Posibles actividades: Crear a Leotolda : os que vos animedes a facelo, porfi, envíadema por correo para que nesta semana poda colgar as vosas creacións no blog e poidamos compartilo entre todos/as. Podedes, ademais, formar o seu nome e traballar cos seus fonemas, contar cantas letras ten... Lembrade que é algo libre e creativo. Como mais vos guste, estará xenial! Parchís da expresión corporal: o profe Alberto quere saudarvos e anímavos a que xoguedes a este parchís tan divertido coa vosa familia. Adxunto o documento. Que teñades un lindo día! 🌈

"PEQUES NA RÚA"

Imagen
Como sabedes, a partires do día 26 de Abril, as nenas e os nenos menores de 14 anos, poderán saír á rúa se vós o considerades oportuno. Baseándome en informes de pediatras e especialistas en psicoloxía, fágovos as seguintes recomendacións co obxectivo de preparar aos peques ante esta nova situación: Preparar a saída : Anticipádelles o día que será dita saída (podedes marcalo no calendario e ir contando os días que faltan) Explicar como serán as saídas, a duración das mesmas, o que se van a atopar na rúa (persoas con mascarilla, distancia...) Faládelle do risco que existe ao tocar persoas, obxectos... Dicídelle que aínda non faremos vida normal pero que é un agradecemento á súa paciencia e ao seu bo comportamento. Practicade na casa as medidas de seguridade como se se tratase dun xogo. Evitade dramatismos. Centrémonos no positivo : debemos explicarlles o que se espera deles e delas, non centrarnos só no que NON van poder facer. Hai que destacar o que si está per...

DÍA 24/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe toca un pouco de experimentación. Anímovos a que o fagades na casiña cos peques. É super sinxelo. -------------------------------------------------------------------------------------------------------- O asombro é unha virtude que pertence á infancia e que non debería perderse nunca. -------------------------------------------------------------------------------------------------------- Aproveito para compartir convosco a conferencia dunha doutora en educación e psicoloxía cuxas ideas sobre a infancia me parecen marabillosas. Invítovos á reflexión e o disfrute: Ademais, é autora destes títulos: Que teñades un lindo finde! 🌈

DÍA 23/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe é o Día do Libro, así que alá vamos co conto de hoxe. Espero que vos guste e participedes: Posibles actividades: Realizar o eco-reto : en coordinación co equipo de Dinamización da Biblioteca, propoñémosvos o seguinte reto. As que vos animedes a facelo, podédelo enviar a morado.seara@gmail.com. Lembrade pasar polo blog da Biblio para ver os contos favoritos dos vosos compis. http://ceipseara.blogspot.com/ E non esquezades que a mellor forma de ensinar algo é o noso exemplo. Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 22/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Volve a señora lingua e as súas aventuras! Posibles actividades: Discriminación de sons de animais salvaxes: teñen que adiviñar de que animal é o son que se escoita Visionado e diálogo de documentais sobre animais salvaxes: Buscar tarros/tuppers vacíos que teñades por casa (coas súas respectivas tapas). Contar cantos conseguiron. Observar cal é máis grande e cal é máis pequeno. Agrupalos atendendo a diferentes criterios (tamaños, etiquetas, cores...) Quitarlles as tapas e volvelas a enroscar. Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 21/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe é un dos preferidos dos pequechos e das pequechas, espero que o disfruten: Posibles actividades: Novo- mediano- maior/vello: con fotos da vosa familia, agrupar aos membros segundo sexan os máis novos, medianos ou maiores en idade. Xogo do lobo: primeiro tendes que facer unha casiña (con coxíns, cadeiras... o que se vos ocorra, pero que sexa segura e fóra das fouces do lobo, jeje). Os peques farán de porquiños e un maior de lobo. De maneira que o que fai de lobo irá narrando o conto: "Había unha vez un/dous/tres (os xogadores/as que sexan) porquiños que camiñaban alegremente polo monte... cando de súpeto... alá ao lonxe, apareceu un lobo famento..." E os xogadores que fan de porquiño, terán que correr e refuxiarse na casiña que montárades nun principio. Cando había cole,   xogabamos moitas veces no ximnasio e encantaballes (aínda que o divertido do xogo é que estaban xuntos...) Memory das viñetas do c...

DÍA 20/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Comezamos a semana coas aventuras deste coelliño ao que non lle gusta nada innovar. Espero que vos guste: A parte das actividades diarias que vos propuxen na entrada do día 13, podedes facer as seguintes: Buscar na casa alimentos (vexetais, froita...) e especias con cores fortes (azafrán, café, pementón...). Coller unha cartolina, folio ou calquera folla dunha revista vella e comezar a crear ... Trátase de experimentar, mancharse e probar. Todo o que fagan está xenial! (quen queira pode mandarme a obra ao meu correo electrónico 😉).  Intentar probar algunha comida nova  Bailar como bailan os distintos animais do conto: formiga, rato, pato, gato, porco, burro, vaca, galo. (coa vosa música favorita) E se queredes sorprender aos peques cun pouco de maxia ... no Instagram de Luis Piedrahita (mago que admiro, realmente) podedes ver un truco no que só precisaredes un plátano e unha agulla. https://www.ins...

DÍA 17/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Espero que vos guste o baile (que os peques xa coñecen) e vos animedes a facelo comigo: Posibles exercicios para facer despois do baile: * MATERIAL QUE PRECISAREMOS: ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO/DE COCIÑA... (se non tendes, podedes utilizar bolas de papel de xornal ou revista... pero aconséllovos que vaiades gardando estas cousas porque seguro que nos van a servir para facer actividades) Xogar libremente co material Distribuímos os rolos polo chan, colocándoos de maneira vertical e corremos arredor deles sen tiralos ao chan. Por parelllas, collidos da man, pasar un pola dereita e outro pola esquerda do rolo (de maneira que o rolo quede no medio) Saltar por enriba de cada rolo. Dar unha volta ao redor de cada un dos rolos. Construir unha muralla (con tres rolos) e saltar por enriba da mesma, intentado non derribala. Saltar cunha perna e caer sobre a outra, saltar coas pernas xuntas, dar saltos moi altos... Derribar a muralla fo...

DÍA 16/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 A aventura desta vaca, vaivos encantar! Posibles actividades: Felicitar a Ania da maneira que prefirades (un debuxo, un audio, un vídeo...). Comparto convosco o blog do Departamento de Orientación do cole, por se precisades algunha pauta a maiores: https://orientacionseara.blogspot.com/ Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 15/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe toca un pouco de estimulación da linguaxe. Espero que vos guste o conto e que me acompañedes: A parte das rutinas diarias que vos expliquei o día 13 de abril, estas son outras posibles actividades: Practicar o conto co seu propio corpo Atopar as letras do seu nome soprando cunha palliña o arroz nunha bandexa Practicar diante dun espello  os seguintes movementos. Podedes facerllo vós primeiro e que repitan. Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 14/04/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe é "Monstruo Rosa" de Olga de Dios. Espero que vos guste este pequeno monstruíño: Posibles actividades: Facer a monstro Rosa: precisaredes un globo e material para enchelo (fariña, arroz, lentellas). Logo podedelo decorar como queirades. Contar ollos de monstros: teñen que tirar o dado e poñer tantos ollos como o número que saia no dado. Tamén se pode facer cunha bola de plasti e irlle poñendo garabanzos a modo de ollos. E finalmente, me gustaría compartir convosco un vídeo que me emocionou. "A crise será o que fagamos dela" . Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 13/04/2020

Imagen
BO DÍA!! XA ESTAMOS DE VOLTA! COMO ESTADES? 😃 Antes do conto, gustaríame propoñervos algunhas rutinas a seguir cos peques de maneira diaria: Pequena asemblea   onde se den os bos días, conversedes sobre como estades e que é o que lles gustaría facer hoxe (tomade nota, para poder incorporar as súas ideas ás vosas e así aproveitar os seus intereses). É moi importante que faledes todos os membros da familia e non só a criatura. Que día é hoxe?: tachar nun calendario o día no que vos atopades. Podedes formar o número do día que sexa con palillos, garabanzos, bloques de construcción...(ata o número que sexa capaz de contar cada peque) Que tempo vai?: podedes poñer varios botes co debuxo do tempo e meter unha boliña cada día correspondente ao tempo que vaia nese día. Ao final da semana, que conten e que averiguen onde hai máis, onde menos... Debuxarse a si mesmo/a de corpo enteiro e debuxar a cara (a modo de xogo, s...