Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Sesión de ContaContos da profe Olalla

Imagen
O venres tivemos a sorte de escoitar á profe Olalla contándonos algúns contos como "Cocodrilo", "Contos de ratiños" ou "Chibos, chibóns" da editorial Kalandraka (este último, ademais é autora). GRAZAS OLALLA! ENCANTOUNOS!

Primeira instalación: papel de xornal, tubos de papel hixiénico e cordóns.

Imagen
As instalacións consisten en transformar o espazo para provocar nas nenas e nos nenos unha emoción, un pracer, un coñecemento ou unha aprendizaxe a través da orde estética e cunha actitude lúdica. Mediante unha proposta como pode ser esta: Preténdese que os cativos/as deconstrúan, transformen e fagan unha nova construción. A única norma é que non se poden destruír as obras dos compañeiros/as e recoller todo o finalizar a sesión.

Coñecemos a Ecocol!

Imagen
A nivel de centro, estamos a participar nunha actividade promovida pola Deputación de Pontevedra que vai sobre o tratamento de residuos orgánicos para a xeración de compost. https://revitaliza.depo.gal/ Polo que, este martes, coñecemos o marabilloso mundo da compostaxe da man de Rocío, que nos falou do que precisan as plantas para medrar saudables... Coñecemos a Ecocol, un dos principais responsables deste proceso e que levaba na súa cuncha todos os restos que podemos tirar ao composteiro. Falounos da importancia de reutilizar cousas que pensábamos tirar... e como por arte de maxia, se converten nalgo novo. Pero recordade as palabras máxicas: "Tris- trás, algo fermoso serás" E finalmente, regalounos unha fabiña para poder plantar na clase. GRAZAS ROCÍO POLA TÚA SIMPATÍA! VÉMONOS! Déixovos o vídeo que nos ensinou sobre a compostaxe:

A froita do mes: "o caqui"

Imagen
Probamos o caqui! Como todos os meses, hai un día no que a profe leva froita para compartir. É unha actividade voluntaria na que teñen a liberdade de probar ou non probar. A maioría faino.  Aínda que desta volta, os caquis estaban pouco maduros e a sensación foi desagradable para algúns.  Pero non pasa nada, porque sentiron o seu tacto,  uliron o seu aroma, viron a súa cor e a compararon con outras cousas que coñecían. Encantoulles a estreliña que sae cando o abrimos e por suposto, é unha boa escusa para seguir traballando autonomía e limpeza á hora de comer.

25-N "Día Internacional contra a violencia de xénero"

Imagen
Na nosa aula tamén intentamos fomentar a igualdade a través de actividades que desenvolvan nas criaturas un pensamento crítico.  Aínda que o facemos todos os días dunha maneira implícita e integral, cando se trata de conmemoracións, procuramos facer algo diferente. Por iso, para este día, contamos a historia de Nina e Nino, dúas persoas que comparten a súa roupa sen distinción de xénero porque o importante é non ter frío... Para despois, vestilas nos mesmos/as. E participamos da actividade proposta a nivel de centro para formar un mural con nomes de mulleres. As pequechas e os pequechos de 3 anos, debuxaron as súas nais xa que, para elas e eles, son moi importantes, querennos moito e fan moitas cousas por nós.

Iniciación ás regletas da man dos "Tres Porquiños"

Imagen
Un conto non é soamente un conto. Os contos son, moitas veces, a motivación para adquirir todo tipo de coñecementos. Desta volta, utilizámolo como escusa para fomentar o pensamento lóxico-matemático. Así que, unha vez narrado, poñemos en marcha a adquisición de conceptos como: "menor, mediano, maior", "forte/débil", "máis que/menos que"... Traballamos a discriminación visual de cores/ tamaños/cantidades... manipulando as regletas. Creamos unha casa para os porquiños, traballando individualmente ou sós... Integramos a grafía do número "3" de maneira global (para máis adiante, facelo de forma específica)... Así mesmo, asociamos a grafía á súa cantidade correspondente para completalo en equipo...

Contacontos en Lingua de Signos

Imagen
No cole, tivemos a sorte de ver e escoitar un conto en Lingua de Signos. Ademais de que era un conto coñecido para nós ("O monstro de cores vai ao cole" de Anna LLenas), aprendemos os signos das cores principais: Grazas á Asociación de Persoas Sordas de Vigo por facelo posible!

Sesión de psicomotricidade con papel de xornal

Imagen
As posibilidades dos xornais son numerosas... pero seguro que non se vos ocorren tantas como a nós! Hoxe, as pequechas e os pequechos deixaron voar a súa imaxinación transformando unha folla de xornal en barcos, en avións, en gatos, en capas de superheroes, nun cohete, nunha escavadora.... E reforzamos a percepción do esquema corporal, converténdonos en camareiros/as. A nosa misión era procurar que a bandexa non caera ao chan: primeiro cunha man, logo coa outra, coa cabeza... E patinamos cun patín e con dous! Tivemos que cruzar por un río perigoso, saltando de roca en roca, cos pés moi xuntos! Pero o mellor de todo, foi a batalla de bolas que fixemos para recoller (aínda que a profe recibiu demasiados pelotazos... non se pode dicir que non traballasen en equipo :) )