DÍA 24/03/2020
BO DÍA!!
😃
O conto de hoxe é un dos meus favoritos! Titúlase "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Ruillier Como me gustaría poder contárvolo en persoa e escoitar as vosas ocorrencias... Polo momento, terémonos que conformar con esto:
Posibles actividades:
- Búsqueda do tesouro: buscar por toda a casa cousas redondas e cousas con forma cadrada. Podedes poñer dúas caixas (unha con un círculo e outra cun cadrado) e que eles/as vaian metendo as que vaian atopando. Cando rematen , cóntanse. Podedes dialogar sobre onde hai máis e onde hai menos.
- Collage xeométrico: podedes recortar círculos e cadrados (con folios de cores se tendes, senón de revistas ou o que se vos ocorra) e que eles/as formen a súa propia obra, pegando, debuxando liñas, puntos... o que queiran.
- Construcción: se teñen pezas de construcción, poden facer cadrados e círculos coas mesmas.
- Xogo motor: poñer no chan círculos e cadrados de diferentes cores. Eles/as deberán ir correndo e saltar no que lle digades (por exemplo: "ao círculo vermello"). Variante: se poñedes música será moito máis diver.
Que original.,!!!!!!
ResponderEliminarBuenos días profe,🤩👏