Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

ECO-RETO DE FEBREIRO!

Aproveitaremos este mes de Entroido para fomentar a creatividade sen a necesidade de consumir.  

Conmemoración do Día da Paz: "O bote da calma"

Imagen
  Aproveitamos este día para falar sobre os enfados, que cousas nos fan sentir ira e como actuamos cando nos enfadamos. Este conto foi de moita axuda: Unha ferramenta útil para calmarse, é o bote da calma. Cando estamos nerviosos/as, o bote móvese moi rápido (como os nosos pensamentos), cando o paramos, observamos como todo vai caendo despaciño e nesa caída, vámonos tranquilizando pouco a pouco... Ademais, participamos con todo o cole nunha "performance"organizada pola mestra de música. Pasádevos polo blog da biblio para descubrila 👇 http://ceipseara.blogspot.com/2021/02/feliz-dia-da-paz.html

Sacapenas para quitar as preocupacións

Imagen
Durante este trimestre estamos a falar moito sobre emocións... A educación emocional é moi importante na primeira infancia xa que, sentará as bases do seu benestar adulto. As emocións son aquelas respostas que dá o noso organismo a diferentes estímulos. Cando alguén nos fai dano, nos sentimos tristes ou cando nos pasan cousas boas, sentimos ledicia. Non existen emocións negativas nin positivas, poden ser agradables ou desagradables pero ambas son necesarias para a nosa supervivencia. E debemos deixar que as criaturas se sintan libres de expresalas (sin facer dano a ninguén). Aprender a identificalas será o primeiro paso para poder xestionalas adecuadamente á sociedade na que estamos inmersos/as. Desta vez, falamos sobre a "tristeza", o que nos fai sentir tristes e como podemos facer para xestionala. Coa axuda deste conto, decidimos facer como o protagonista, Bieito, que tiña un Sacapenas para poder contarlle as súas preocupacións pola noite. E así, desta maneira, as tristuras...

Obradoiros artísticos de Hervé Tullet

Imagen
"Todo comeza con UN punto..." Este xoves, desfrutamos cun obradoiro do artista Hervé Tullet.  A través de puntos, liñas, formas xeométricas, espontaneidade e cooperación, foron tomando forma as diferentes obras de arte... Partimos dunhas pautas, pero deixamos liberdade para a creación e a expresión. Non hai erro. Só arte E finalmente, dialogamos sobre como se sentiron coa actividade, se lles gustou, que foi o que máis lles emocionou, que foi o que menos... E colocamos as obras nun lugar visible para eles/as.

ECO-RETO DE XANEIRO!

Imagen
Este é o reto deste mes! https://drive.google.com/file/d/1lfXfr476VoqW4pSA5jePpUPEAt2HZf2t/view?usp=sharing Na nosa clase, xa adquirimos este hábito dende o curso pasado. Animámosvos a que o consigades na vosa casiña tamén!💪

Pintando con espuma

Imagen
 Nesta semana, exploramos de maneira artística outro material: espuma de afeitar. Con colorante alimentario, probamos a mesturar cores... E debuxamos o que quixemos... Algúns, atrevéronse a escribir!