Ao longo deste trimestre, investigamos sobre o Universo... Todo comezou o día que nos apareceu un obxecto descoñecido na clase... Había unha mensaxe no código QR que puidemos descifrar con mooooita paciencia... Lunática estaba perdida e necesitaba a nosa axuda para atopa o seu planeta! Puxémonos mans á obra e, c oma sempre, iniciamos o proxecto realizándonos preguntas... E para dar resposta a esas preguntas, precisabamos recoller información de moitas fontes: casa, biblioteca, web... Así que pouco a pouco, fomos creando o noso pequeno recuncho de investigación (coa vosa axuda, por suposto!) E realizamos moitas actividades para aprender: recreación do Big Bang, creación de galaxias, follas de rexistro....