Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Así celebramos o Nadal no cole

Imagen
 A pesares de ser un ano diferente, intentamos gozar das actividades propias da época... Propostas de temática navideña: As sorpresas do calendario de Advento: Creamos postais para mandar por correo: Elaboramos unhas maracas para cantar panxoliñas: E tivemos a sorte de poder darlle a nosa carta aos Reis Magos: Grazas ao ANPA por facer do noso cole un lugar tan fermoso! Vémonos á volta! Coidémonos!

Iniciativa "Moaña Libre de Plásticos"

Imagen
 Relacionado co Eco- Reto deste mes... esta semana, tivemos a visita dunhas expertas en sostibilidade que nos falaron da importancia que ten reducir o consumo e uso de plásticos, así como depositalos no sitio correspondente. Por iso, fixemos este xoguete e cumprimos así o noso reto, porque sabemos que para xogar, só é necesaria a imaxinación!  Grazas ao Concello de Moaña por facer posible este tipo de iniciativas: http://moana.libredeplasticos.gal/ https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2020/12/19/moana-libre-plasticos-26511052.html?fbclid=IwAR0Q739OWckIscPXXV9WzYhg0sXo7WMKZlVV4fqIqA6M1d8Ry1xCMSU3l8s

Proxecto: "O noso Corpo"

Imagen
Ao longo deste trimestre, estivemos envoltos no proxecto do corpo humano.  Para poder relacionarse co medio, primeiro temos que coñecernos a nós, como funcionamos, cales son as partes que conforman o corpo humano... para, desta maneira, orientarnos no espazo. Comezamos facéndonos preguntas, para así partir dos intereses das nenas e dos nenos e que a aprendizaxe resulte o máis significativa posible. Para responder a estas cuestións e a outras que foron xurdindo, realizamos as seguintes actividades: Pesámonos e medímonos: aprendendo a ler números dixitais, utilizando un metro, comparando resultados (quen pesa máis, quen mide menos, quen pesa igual...), facendo estimacións (quen pesará máis: a profe ou o noso compañeiro/a)? por que?) Realizamos un experimento para saber como funciona o noso aparello respiratorio e rexistramos o procedemento: Utilizamos materiais do medio natural para realizar obras de arte baseadas en siluetas humanas: Observamos radiografías para descubrir os ósos do...