Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

"Hasta que podamos abrazarnos"

Imagen
  Volven os contos á nosa aula, contos que falan da amizade, de cambios e de superar obstáculos. Esta vez, os protagonistas son un ourizo e unha tartaruga que non poden darse unha aperta. Ao principio, síntense tristes pero pouco a pouco comezan a idear outras formas de demostrar o seu cariño sen tocarse. Unha auténtica lección para todos/as.

UN SÚPER APLAUSO PARA OS PEQUES!

Imagen
 Aquí estamos surfeando augas de océanos extraterrestres...  Este vai ser un curso diferente, pero estar rodeada de estos pequenos e estas pequenas fai todo moito máis doado do que imaxinaba. As profes temos moita sorte de poder compartir o noso tempo de "pandemia" con esta parte da sociedade. A infancia é un exemplo de xenerosidade, adaptación e resiliencia.  Son elas e eles os que hoxe merecen un súper aplauso! 👏

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Imagen
BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO! Teño unha mensaxe para os pequechos e as pequechas do mandilón morado, que xa pasan a clase de 4 aniños (que maiores!) E tamén, e non menos importante, teño unha mensaxe para vós, familias, porque son consciente da dificultade desta situación. Non obstante, considero que debemos facer do primeiro día, algo máxico para os nosos nenos/as, independentemente das circunstancias. Sei das vosas preocupacións, pero tamén sei que poremos todo o noso esforzo, tempo e ilusión para que todo vaia ben. Agardo que estas recomendacións vos sexan de utilidade... Conto convosco! Deséxovos un moi feliz (aínda que diferente) curso 2020/2021! 😊