ENTROIDO MASAI!
Estas semanas estivemos facendo moitas cousiñas para prepararnos para o entroido. Como xa sabedes, o Proxecto do Centro trata de "Un mundo de xente", e nós escollemos a parte máis africana para disfrazarnos. Fixemos máscaras, brazaletes e collares para o noso disfrace: Bailamos a danza masai: Pintamos un mural dun atardecer africano: Xogamos cos disfraces na casiña: Cantamos a murga, desfilamos e fixemos unha boa papatoria (síntoo, pero do día de hoxe, non fixen fotos... espero que algunha compi teña). FELIZ ENTROIDO E GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!