DÍA 23/03/2020

BO DÍA!!
😃


Debido a que o sábado foi o día da poesía, o vídeo de hoxe non podía ser menos. Trátase dunha adaptación do poema de Cleri Evans:




Posibles actividades:
  • "A procura de Colorinda": podedes facer unha fada con plastilina ou calquera outro material. Primeiro a esconde un membro da familia e os demais teñen que atopala. Despois ao revés. Podedes utilizar o xogo de frío-quente.

  • Formar a palabra "Colorinda" e inventar outros posibles nomes que comecen por cada unha das letras do nome real

  • Atención ás vogais: colorear cada parte da cor que nos indica (se non tedes impresora, podedes debuxar unha flor e poñerlle vos as cores, é moi doado)

  • Mover o corpo con Uxía Lambona e a Banda Molona:

  • Facer flores con botóns: poñerlle tantos pétalos (botóns) como lle digades (apoiade con número escrito a norma). Por exemplo: "esta flor ten que ter catro pétalos" (e lles ensinades o número 4). Se non tendes botóns, con calquera outra cousa (lentellas, pedras...)

  • Preparar unha merenda primaveral:









Comentarios

  1. Bienvenida colorines ,nos encantas .
    Muchos besiños y deseando mirarte por ahí colorinda

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!