Entradas

FELIZ VERÁN!

Imagen
 Chegou o fin do curso e con el, o fin dunha etapa emocionante e chea de descubrimentos... Pechamos o blog tal e como se iniciou, cunha gran festa onde poder compartir tempo, xogos, música e merendola cos amiguiños e amiguiñas! MOITA FELICIDADE NESTA ETAPA QUE COMEZARÁ EN SETEMBRO! GRACIÑAS POR TODO O VOSO CARIÑO! ATA SEMPRE! 💜💛💚💙💗

O SUPERMERCADO

Imagen
 Ao longo deste trimestre construímos un supermercado con material de refugallo co obxectivo de reforzar a competencia lóxico-matemática. A través do xogo simbólico, os pequenos e as pequenas aprenden a ler prezos, usar as moedas de euro, realizar pequenos cálculos a nivel mental, analizar anuncios de comida... Anímovos a que, cando fagades a compra no super, lles deixedes participar da actividade, preguntándolles canto custa tal producto, se nos chegan os cartos... porque non hai nada como a vida real para poder desenvolver as competencias curriculares!

Concerto da Escola Municipal de Música

Imagen
Hoxe gozamos dunha marabillosa xornada co concerto didáctico da escola de música municipal de Moaña "Monstros por aquí... Monstras por alá". Pasámolo xenial!

LETRAS GALEGAS 2022

Imagen
 Para conmemorar o día das Letras Galegas, aprendimos uns versos de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o día. Ademais, os maiores de Primaria nos ensiñaron uns xogos cantados en galego.  Non paramos de cantalos!

Recollida de lixo na praia da Xunqueira

Imagen
Para que non haxa máis Lolas perdidas polos nosos mares...  participamos na recollida de lixo na praia da Xunqueira.  E despois de tan gradiosa tarefa... estos pequenos e pequenas ben mereceron XOGAR!

O abecedario das letras agochadas.

Imagen
Durante este trimestre, os nenos e as nenas levarán para casiña o abecedario que fixemos entre todos no trimestre anterior. Terán un prazo de 2 días para xogar con el e voltará á aula. Así quedou o resultado:    Pero o proceso (que sempre é o máis importante), foi o seguinte: Buscar letras agochadas pola contorna e sacarlles unha foto coa axuda dun adulto. Imprimir as fotos e recortalas. Clasificar as fotos. Escribir palabras que comezaran por cada letra do abecedario e poñelas no seu sitio correspondente. Decorar letras.

O noso buzón de clase.

Imagen
Presentámosvos o noso pequeno recuncho para seguir fomentando a lectoescritura dunha maneira funcional e útil. Desta vez, utilizamos un sistema de correspondencia para traballar o formato "carta". Os nenos e nenas, nos seus tempos libres, poden escribir cartas aos seus compañeiros/as. As normas son as seguintes: A carta ten que comezar cunha presentación e finalizar cunha despedida. Temos que escribir a quen vai dirixida e cal é o remitente. Non se pode escribir nada que faga sentir mal aos demais. Todos os venres, levarán as cartas que lles enviaron os seus compis para ler na casa.