Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Un Samaín un "pouquiño" diferente

Imagen
Posiblemente, houbera sido mellor un Samaín sen tantas limitacións. Unha celebración que, polo xeral lles encanta aos peques, celebrala ao grande, como facemos sempre. Como ben sabedes, este ano non foi así, pero intentamos que, dunha maneira distinta, desfrutasen e mantiveran a ilusión por celebrar.  A través dos contos, fomentamos outras capacidades necesarias para o seu desenvolvemento: - Con "Corre corre Cabaciña" fixemos un obradoiro de grafismo e a especialista de música traballou o ritmo coa canción do conto: - Con "Aurelio", fomentamos a conciencia fonolóxica das vogais e usamos material de refugallo para crear ao morcego protagonista: - Recordamos do confinamento a "Carabuñas" - Tivemos unha "monstruosa sorpresa" que logo tivemos que formar: - Contamos arañas: - Coa especialista de inglés re-descubrimos este conto marabilloso e a súa canción: - Realizamos quebracabezas terroríficas:  - Construimos a palabra agochada: - Rescatamos as arañ...

Experimento 1: "Por que as follas son de cor verde?"

Imagen
O coñecemento nace das dúbidas e da resolución das mesmas... O outro día xurdiu a pregunta de "por que as follas das árbores son de cor verde?", a cal os pequenos/as intentaron resolver deixando voar a súa imaxinación: "porque están no chan", "porque as pintaron de verde", "porque están nos bosques verdes"... Para resolver esta pregunta, fomos recoller folliñas. O grupo amarelo, recolleu follas amarelas, o grupo vermello, folliñas vermellas....  Cando voltamos á clase, partímolas en anaquiños pequenos: E clasificamos as bandexas grupais atendendo a súa cor: Logo, coa axuda dun morteiro, machacamos os anacos das folliñas: A profe, botou un pouco de alcohol... E botamos o líquido resultante nun vaso de cristal: Puidemos comprobar que a cor verde das follas se debe a un pigmento que se chama CLOROFILA. Dito pigmento é o que permite ás follas, coller a enerxía do sol e medrar. Pero para que haxa producción de clorofila, son necesarias temperaturas cá...

"Se pan de millo vas merendar, mira o traballo que hai detrás"

Imagen
 Durante estas semanas estivemos explorando as posibilidades deste elemento natural: Primeiro, con moita paciencia, debullamos o millo: Logo, construimos o noso nome: E despois de deixalo secar durante unha noite, pintámolo: E aproveitamos os carozos, para recrear a paisaxe outonal que observamos no seguinte conto: Acompañamos as diferentes propostas con música! Grazas familias, pola vosa participación!

Bloques lóxicos

Imagen
O curso pasado comezamos a traballar con este material pero simplemente tiveramos un achegamento de manipulación libre. Este ano, como xa somos un pouquiño máis maiores, retomamos o seu coñecemento para establecer nocións sobre conceptos matemáticos. Así pois, comezamos clasificando atendendo a un criterio como pode ser a cor ou a forma xeométrica: Ademais, contamos os bloques que hai en cada bandexa e comparamos onde hai máis, onde menos ou donde hai igual.

E chegou o Outono!

Imagen
 E chegou o Outono! Preparamos as nosas cestiñas para poder recoller as folliñas que caeran... Puxemos as botiñas de chuvia E listas e listos para ir dar un paseo na procura de follas Cando chegamos á clase, a estampar e crear a nosa obra outonal! Tachán!