Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

DÍA 19/06/20 (Fin de Curso)

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 ... e chegou o derradeiro día do primeiro curso no "cole de maiores"... Non esquezades saborear estos praceres no verán (se vos apetece)... Pechamos un curso cheo de expectativas e de novas experiencias (que por desgraza, sei que non todas foron satisfeitas debido á situación). Perdémonos tantas cousas... Non vos vou mentir, sinto moita tristura ter que despedirme a través dunha pantalla... é algo moi frío, faltan risas, apertas, xogos, bailes... Pero confío en que entre todos/as atoparemos unha solución que nos permita estar seguros/as na escola para poder medrar xogando. Quería aproveitar para felicitarvos a vós, FAMILIAS, polo difícil que foi conciliar traballo e crianza e o ben que o fixestes, participando e colaborando sempre que podiades. GRAZAS! Moitos biquiños redondos e de purpurina para todos/as!! Vémonos á volta do verán! ---------------------------------------------------------------------------...

DÍA 18/06/20

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe preciso a vosa axuda para contar tantos ovos! Posibles actividades: Axudar a facer unha tortilla ou calqueira outra receita que non precise ovos. Facer torres de pedras (torres dunha pedra, torres de dous pedras, torres de tres pedras... así ata o número que queirades) Pintar pedras con diferentes cores e despois facer seriacións, agrupamentos por cores... * tamén podedes facer debuxiños que vos gusten Que teñades un lindo día! 🌈 

ECO-GRAZAS!

Imagen
Dende Voz Natura e a Biblio queremos darvos as grazas, familias, por participar nos eco-retos feitos durante o confinamento.  O resultado non podía ser mellor!!  Encántannos cada unha das obras que conseguistes facer!!