DÍA 25/03/2020
BO DÍA!!
😃
O conto de hoxe é "Oso atrapabolboretas" de Susanna Isern e Marjorie Pourchet. Espero que vos guste:
O conto de hoxe é "Oso atrapabolboretas" de Susanna Isern e Marjorie Pourchet. Espero que vos guste:
Posibles actividades:
- Reflexionar (esta é só para adultos) sobre posibles comportamentos dos pequenos/as:
- Está máis sensibles (móstranse máis mimosos e só queren estar ao noso lado)
- Hai máis pelexas entre irmáns ou irmás
- Non fai o que lle pedimos, pega ou insulta e despois se pón triste.
- Síntomas somáticos: dor de cabeza ou barruiguiña
- Alteracións do sono: pesadelos, espertar varias veces..
- Aumentan as rabietas (frústanse con máis facilidade)
É totalmente normal, necesitan paciencia e moito, moitísimo cariño. Podedes poñer en palabras o que están a sentir e darlle outra opción máis positiva. Por exemplo: "Entendo que te sintas triste/enfadado/angustiado, eu tamén me sinto así ás veces, pero cando te sintas así, podemos debuxar ou contar un conto para que estés mellor ou podes propoñerme ti algo que che faga sentir feliz"
Cando algún membro da familia estea triste podedes facer a rutina da "hora da aperta" (abrazádevos xuntos que seguro que vos reconforta)
- Dar unha masaxe coas mans, dediños ou pelotas. Vós aos peques e viceversa. Podedes facer que debuxades nas costas, é moi divertido
- Agradecer aos demais algo que nos fixera sentir ben ao longo do día
- Facer ioga en familia:
Como vedes, todas as actividades teñen como obxectivo reforzar os lazos afectivos familiares.
Considero que debemos aproveitar este momento para querernos e querer máis ca nunca, así como coidar dos nosos, ao igual que oso facía coas bolboretiñas.
Que teñades un bonito día

Nos encantó el día de reflexión y relax,
ResponderEliminarY de respirar al aire libre en el balcón.
Con la música de Sara brighman.relajante..
Besiños profe