DÍA 20/03/2020
BO DÍA!!
CHEGOU A PRIMAVERA!!
CHEGOU A PRIMAVERA!!
💮💮🥀🥀
O conto de hoxe é: "Bajo el mismo cielo" de Britta Teckentrup
Posibles actividades:
- Xogo "Na procura da primavera": escondédeslles as letras que forman a palabra "primavera" nunha habitación ou pola casa adiante (cada letra en papeliños grandes e en maiúscula sempre), e teñen que atopar todas as letras. Cando as atopen, podedes contalas. Para formala, podedes axudarlles dicindo: "primeiro a -P- de Paula, segundo a -R- de Rosalía... e así con todas.
- Mural primaveral: nunha cartolina grande (ou pegando varios folios xuntos para facer unha superficie grande), poñédela no chan e dádeslles material plástico para pintar (ceras de cores, témpera... o que teñades). Explicádelle que teñen que debuxar o que máis lles guste da primavera (sol, os paxariños, as flores....). Sería xenial se acompañades a actividade con música clásica...
- Plantar lentellas: coma no cole plantaramos landras (que xa estaba crecidiñas e íamos transplantar esta semana pero con todo o único que me deu tempo a facer foi plantalas todas no invernadoiro para que viran a luz ..espero que non se perdan!), podedes facer o mesmo na casa, cunha faba ou lentella e un iogur (que podedes decorar con peques). Ver como vai medrando faralles ser pacientes e estar ilusionados/as co seu crecemento.
- Manualidades para decorar as ventás con material de refugallo:



Buenos días, bienvenida primavera.
ResponderEliminarVamos a disfrutar contigo , haciendo cosas bonitas.un besiño profe.