Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

O DÍA DO LIBRO

Imagen
 Así celebramos o día do libro no cole! A pesares da choiva, puidemos convertérmonos en detectives de contos no patio cuberto. E levamos para casa o marcapáxinas cos nomes que fixemos na impresora 3D da Biblio. Así de chulis quedaron!

O DÍA DA TERRA!

Imagen
  Hoxe celebramos o día da Terra cunha visita moi especial: Anxo Moure, o Atrapador de contos veunos visitar e a contar historias sobre a natureza. Á hoora do patio, tivemos a sorte de atopar un gran charco para poder experimentar xogando con el. E levamos para casiña os carballiños que con tanto agarimo levamos coidando durante todo este curso. Agora, cada criatura terá que ser responsable do seu carballo para que cando medre, dentro duns anos, poida ser transplantando nunha leira, xardín, monte... "Só podemos protexer o que amamos  e só podemos amar aquilo que coñecemos" 💚 PD: Hoxe tamén se publicou o novo CaranveXornal no que participaron, desta volta, os/as nosos/as compis de 5 anos, contando o que facemos tódolos días para conseguir os Eco-retos. 

"O noso horto"

Imagen
Dentro do proxecto de Voz Natura e aproveitando espazos ao aire libre, improvisamos un horto con materiais que nun principio ían ser para o lixo. Coa axuda de tódolos nenos e nenas de Educación Infantil, logramos plantar cebolas, repolos, cabazas, tomates, pementos, sandías, leitugas... e sobre todo, enchernos de terra! Así de chuli quedou! Agora, temos que agardar a que medren e coidar de que teñan a auga suficiente para o seu cultivo. Moitas grazas á "Despensa do Campo" e a tenda "Mi+cota" por gardarnos as caixas e os palés. 💚

ECO-RETO DE ABRIL!

Seguimos fomentado o consumo responsable e a redución de plástico e papel. Grazas ao eco-reto do mes anterior, decatámonos da cantidade de plástico e papel que consumimos nun mes polo que, o reto para Abril, será intentar reducir dita cantidade. Para tal fin, necesitamos a vosa axuda xa que os pequenos/as xa atoparon posibles alternativas: non envolver os alimentos con plásticos (utilizar tuppers reutilizables), non utilizar palliñas dun só uso, traer a froita en peza, non tirar os envases de iogur (utilizalos para plantar)...  SEGURO QUE COA VOSA IMPLICACIÓN...  CONSEGUIRÉMOLO! 💪