Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

DÍA 1/06/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Xa estamos en Xuño! Recordade pasar a páxina no calendario... Hoxe vos traio unha historia de aventuras. Espero que vos guste! Posibles actividades: Conversar sobre a importancia da auga para a nosa vida : recordar a cantos seres axudou a pinga e pensar máis utilidades.  Crear unha super pinga de auga conxelada:  Escoller unha bolsa de plástico: pode ser das de envasar alimentos. Encher con auga e tesouros naturais que atopes na praia, no campo... Meter ao conxelador durante a noite. Sacar a bolsa do conxelador, romper o plástico e observar como derrete. *fotos da exposición do Palacio Quintanar xunto coa docente Gael Zamora Se vos apetece compartir comigo as vosas creacións...  Estarei super contenta!😃 Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 29/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe, converterémonos en espías profesionais... Atención ao que precisamos: Mans á obra!!! ----------------------------------------- Bo traballo Aroa C! ---------------------------------------------- Quero compartir convosco unha das viñetas críticas de Francesco Tonucci (Frato), un psicopedagogo e debuxante italiano que leva toda a súa vida adicado a  darlle voz aos nenos e as nenas, defendendo o seu dereito ao xogo. A través das súas ilustracións, fai que reflexionemos sobre moitos aspectos da nosa vida con respecto aos pequenos/as. Gústame esta escola, e a vós? Que teñades un lindo finde! 🌈

DÍA 28/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe xa o sabemos de memoria, polo menos a súa canción. Espero que o desfrutedes: Posibles actividades: Facer un biscoito como Cocorico e a súa mamá : podemos traballar os nomes dos ingredientes facendo unha lista oral/escrita a súa maneira (a letra coa que comezan, que outras palabras comezan igual...), contar as cantidades, manipular os alimentos e conversar sobre a súa textura... Ao finalizar podemos recordar os pasos que seguimos e os ingredientes que usamos... As receitas son unha gran oportunidade de aprendizaxe global e significativo! Visionado da curta da historia : (anímovos a que fagades con plasti aos personaxes e que representedes a historia) Canción do conto para bailar e cantar: ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Estupendos os traballiños de Ania e Jessi! Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 27/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe toca un contiño con movementos. Espero que vos guste: Posibles actividades: Buscar obxectos que comecen polas letras do voso nome e agrupalos: Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 26/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Está ben ser diferente! Porque se todos/as fósemos iguais... menudo aburrimento! Posibles actividades: Atopa as diferenzas entre as dúas fotografías . Trátase dunha actividade coa que traballamos a percepción visual, a concentración e sobre todo a atención. As que queirades máis deste tipo, escribídeme un correo.   --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Comparto as actividades que vos prepararon as teachers! Animádevos! https://view.genial.ly/5eca859d7607860d83c52c00 Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 25/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 O conto de hoxe trata dos conflitos que aparecen pola falta de entendemento. A ver se se vos ocorre algunha solución... Posibles actividades: Construción e manipulación dunha bandexa sensorial: para a súa fabricación vale calquera bandexa que teñades por casa. Podédeslle botar arroz, sal, fariña, lentellas (ou se tendes moitas bandexas, podedes facer unha para cada material, dará máis posibilidades de tacto). A continuación, crear tarxetas con difeentes tipos de trazos, números, letras, debuxos... para que os nenos e as nenas poidan reproducir os modelos. Déixovos algúns exemplos: O meu consello é que se faga de maneira gradual; é dicir,  primeiro lles deixades experimentar a eles/as, coas súas mans, libremente. Despois podedes propoñerlles diferentes trazos e, finalmente,  se están interesados coas letras e cos números, podedes animarvos a facer as tarxetas dos mesmos e que eles as recreen nas b...

DÍA 22/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Florinda levaba uns días moi nerviosa, pero a súa mamá vaille dar uns conselliños que espero que vos sirvan a vós tamén: Posibles actividades: Practicar posturas de ioga : podedes facelo seguindo o vídeo ou xogando co dado. Tamén podedes crear vós o voso dado (cónstame que hai familias que o fan super ben). Observar as nubes en familia : podedes levar unha libretiña e debuxar as que máis vos gusten ou simplemente conversar sobre o que imaxinades. --------------------------------------------------------------------------------------------- Mirade a obra de arte de Aroa C ---------------------------------------------------------------------------------------------- Como cada venres, hoxe gustaríame reflexionar sobre a "lentitude", esa que nos fai saborear a vida despaciño. Comparto convosco este pequeno monólogo de Carl Honoré. Que teñades un lento finde 😃! 🌈

DÍA 21/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Preséntovos a historia dunha artista coma vós, espero que vos guste: Posibles actividades: Facer moitos puntos nun pano de mesa con rotus das cores que máis vos gusten. Esta  técnica coñécese co nome de "puntillismo" ---------------------------------------------------------------------------------------- Jessi tamén disfrutou co xogo das culleres! Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 20/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe volvemos a recordar unha das poesías que facíamos na clase. Anímovos a compartila coa vosa familia! Posibles actividades: Recitar a poesía acompañada cos movementos ----------------------------------------------------------------------------------------------------- No blog das teachers tendes máis actividades sobre "emotions". Animádevos a facelas! https://view.genial.ly/5ec2a9ee32a04c0d96b770d8 ------------------------------------------------------------------------------------------ E velaquí, a semente de aguacate de Aroa G e a planta de tomatiños de Aroa C! Os super orixinais Topitos de Aroa C, Lucas e Vega: E o xogo das culleres que adaptaron Lucas e Aroa C! Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 19/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe vos presento a un personaxe moooi especial!. Espero que vos guste: Posibles actividades: Debuxar a Topito Conversar sobre outras ideas que lle darías a Topito para poder estar tranquilo Xogo de concentración e orientación espacial: depende do tipo de culleres que teñades por casa, podedes facer un ou ambos. Vós debuxadeslles a silueta das culleres e logo, os peques, teñen que colocalas correctamente, Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 18/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe imos recordar un conto que no primeiro trimestre nos gustaba moito. Espero que vos animedes a facer como Xaime realizando este "eco-reto"! ↓ ------------------------------------------------------------------------------------------------------------ E velaquí, a familia de Mía! Bo traballo! Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Imagen
Comparto estos recursos: http://aspitas.gal/

DÍA 15/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe é o día da familia! Posibles actividades: Crear unha árbore xenealóxica : con fotos, debuxos, letras móbiles, selos...  Festexar o día cunha comida/cea especial: buscar unha receita nova para facer xuntos, poñer a mesa bonita, antes de comer... podemos conversar e dar as grazas polas cousas que nos aporta cada un dos membros, bailar...(que os peques sexan os protagonistas do proceso) Ademais, axunto material para descargar, por se é do voso interese: -------------------------------------------------------------------------------------------- Como cada venres, comparto convosco os consellos do neuropsicólogo Álvaro Bilbao: Ademais, é autor deste libro (moi recomendable): Que teñades un familiar finde! 🌈

DÍA 14/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe toca facer un xogo de mesa ou de "chan". É moi doado de crear e divertido para xogar en familia. Ademais de que estaremos desenvolvendo capacidades como a atención, discriminación visual e auditiva, pensamento lóxico, rapidez mental, concentración... dunha maneira lúdica!  Precisaremos: O proceso de creación e explicación das normas do xogo, vainas explicar Florinda.... Por se non vos deu tempo a apuntar... Variante 0 : xogar cun dado (ben sexa o das cores ou o das figuras). Tirar o dado e coller a figura xeométrica que corresponda ou a cor que saíra no dado. Variante 1 : xogar cos dous dados de cores.  Se saen dúas cores diferentes: collemos a figura coa cor que non saíra nos dados. Se saen dúas cores iguais: collemos a figura coa cor dos dous dados. Variante 2 : xogar cos dous dados de figuras xeométricas. Se saen dúas figuras diferentes: collemos a figura que non saíra no dado. Se saen dúas fi...

DÍA 13/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe imos recordar unha das rimas con movemento que facíamos no cole. Estou segura que a sabedes de memoria: Posibles actividades: Capturando tapóns : nun plato fondo/caldeiro con auga, botades tapóns que teñades por casa (senón tendes, pois calquera outra cousa: garabanzos, macarróns...) e cunha pinza da roupa, os peques teñen que coller os tapóns e depositalos nun platiño que non conteña auga. Axudar a tender a roupa: --------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Mirade que obras tan saudables fixeron Aroa C e Jessi: ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Por se non tendes plans para os venres... Aquí vos deixo algún 😊 Que teñades un lindo día! 🌈

DÍA 12/05/2020

Imagen
BO DÍA!! COMO ESTADES? 😃 Hoxe toca un conto emocionalmente saudable. Espero que vos guste e que vos abra o apetito: Posibles actividades: Diálogo sobre emocións : conversar sobre as seguintes imaxes  que vexetal é?  como crees que se sente?  por que crees que se sente (a emoción que diga)? ti, cando te sentes (a emoción que diga)? Crear unha obra de arte con vexetais: partindo das obras de Giuseppe Arcimboldo, facer cada un a súa propia creación libre (pode ser un rostro, paisaxe, calquera outra cousa...). Se vos acordades sacádelle unha fotiño para compartila (morado.seara@gmail.com) e despois podédela comer! ummm ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------.. O profe Alberto mándavos unha proposta moi divertida! https://drive.google.com/open?id=1mpUZVnPj4D9N6TW-0XA5BsxhgV3gawF0 ----------------------------------...