DÍA 13/04/2020


BO DÍA!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!
COMO ESTADES?

😃

Antes do conto, gustaríame propoñervos algunhas rutinas a seguir cos peques de maneira diaria:



  • Pequena asemblea onde se den os bos días, conversedes sobre como estades e que é o que lles gustaría facer hoxe (tomade nota, para poder incorporar as súas ideas ás vosas e así aproveitar os seus intereses). É moi importante que faledes todos os membros da familia e non só a criatura.





  • Que día é hoxe?: tachar nun calendario o día no que vos atopades. Podedes formar o número do día que sexa con palillos, garabanzos, bloques de construcción...(ata o número que sexa capaz de contar cada peque)


  • Que tempo vai?: podedes poñer varios botes co debuxo do tempo e meter unha boliña cada día correspondente ao tempo que vaia nese día. Ao final da semana, que conten e que averiguen onde hai máis, onde menos...



  • Debuxarse a si mesmo/a de corpo enteiro e debuxar a cara (a modo de xogo, se se esquece dalgunha parte, podedes preguntarlle con que ve, escoita, anda...). Un día o corpo e outro día a cara. Respectando a etapa na que estea e sen forzar, animando a que continúe esforzándose.

  • Formar o seu nome con letras magnéticas, pinzas ou escribídellas vós en papeliños para que as poidan ordear. Despois, os que queiran, poden escribilo.

  • Actividades de autonomía persoal:
    • Poñer e quitar os zapatos e as zapatillas sós
    • Aprender a limpar uns zapatos
    • Abrocharse sós
    • Aprender a soarse o nariz correctamente
    • Lavar os dentes
    • Lavar a cara e as mans correctamente
    • Cociñar en familia: cortar, remover, trasvasar alimentos, meter e sacar de botes...
    • Poñer e quitar a mesa
    • Tender prendas pequenas de roupa
    • Pregar servilletas
    • Axudar a facer a cama
    • Recoller os xoguetes

(Como digo sempre, é totalmente voluntario, pero considero que son rutinas que favorecerán o seu desenvolvemento e a súa autonomía)


O conto de hoxe, é "Pequeno azul e pequeno amarelo" de Leon Lionni (Kalandraka).





Posibles actividades:
  • Mesturar cores: neste caso meteremos cor amarela e azul nunha bolsa de plástico  (das que tedes para conxelados) e terán que probar a cor que lles sae. Podedelo facer con xel fixador e colorante alimentario ou témpera. Despois de facer o experimento, podedes probar a formar máis cores. Finalmente, podedes utilizar o experimento como se fose unha pizarra e que fagan as súas propias creacións.


  • Repetir o patrón: podedes crear este xogo con folios de cores. Primeiro vós tocades dúas cores, e os peques terán que tocar os mesmos que tocastedes vós. Logo podesdes cambiar ou aumentar a máis cores dependendo da atención que mostre o cativo/a.

  • O xogo do twister do que xa falamos máis veces
  • Mover o esqueleto:



Que teñades un lindo día!
🌈


Comentarios

  1. Hola profe ,como no teníamos témperas ,hicimos lo del calendario .
    Muchos besiños ,ya extranabamos los cuentos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!