Desfrutando do outono!

Aínda que estos días estén moi chuviosos e moitas veces non podamos saír, a natureza vén á nosa clase para ensinarsos e para pasalo ben.


Utilizamos as follas para desenvolver a capacidade de observación e de pensamento lóxico: falamos sobre as múltiples cores que vemos nas folliñas, diferenciamos "igual-distinta", clasificamos atendendo a un criterio (de forma ou de cor, neste caso), diferenciamos agrupamentos de "máis ou de menos" cantidades...






Ademais, no "Recuncho das Experiencias" tamén estamos desfrutando dos produtos típicos do outono, e creamos con eles, verdadeiras obras de arte...



E aproveitamos para xogar coas cores e probar novas técnicas plásticas como son: pintar con bastoncillos e tapóns...





ou estampar follas.








E tamén movemos o esqueleto con xogos de expresión corporal: 
"paraugas aberto- paraugas pechado"


"varredores/as vs vento"



E reforzamos a percepción táctil nos pés camiñando e brincando enriba de follas... (Isto último foi o que máis lles gustou)






Así que xa sabedes porqué levan os pés un pouco sucios hoxe e algún que outro calcetín do revés (culpa da profe...)


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

ECO-GRAZAS!

FELIZ VERÁN!