O SUPERMERCADO

 Ao longo deste trimestre construímos un supermercado con material de refugallo co obxectivo de reforzar a competencia lóxico-matemática. A través do xogo simbólico, os pequenos e as pequenas aprenden a ler prezos, usar as moedas de euro, realizar pequenos cálculos a nivel mental, analizar anuncios de comida...

Anímovos a que, cando fagades a compra no super, lles deixedes participar da actividade, preguntándolles canto custa tal producto, se nos chegan os cartos... porque non hai nada como a vida real para poder desenvolver as competencias curriculares!









Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!