DÍA 13/04/2020
BO DÍA!!
XA ESTAMOS DE VOLTA!
COMO ESTADES?
😃
Antes do conto, gustaríame propoñervos algunhas rutinas a seguir cos peques de maneira diaria:
(Como digo sempre, é totalmente voluntario, pero considero que son rutinas que favorecerán o seu desenvolvemento e a súa autonomía)
O conto de hoxe, é "Pequeno azul e pequeno amarelo" de Leon Lionni (Kalandraka).
Antes do conto, gustaríame propoñervos algunhas rutinas a seguir cos peques de maneira diaria:
- Pequena asemblea onde se den os bos días, conversedes sobre como estades e que é o que lles gustaría facer hoxe (tomade nota, para poder incorporar as súas ideas ás vosas e así aproveitar os seus intereses). É moi importante que faledes todos os membros da familia e non só a criatura.
- Que día é hoxe?: tachar nun calendario o día no que vos atopades. Podedes formar o número do día que sexa con palillos, garabanzos, bloques de construcción...(ata o número que sexa capaz de contar cada peque)
- Que tempo vai?: podedes poñer varios botes co debuxo do tempo e meter unha boliña cada día correspondente ao tempo que vaia nese día. Ao final da semana, que conten e que averiguen onde hai máis, onde menos...
- Debuxarse a si mesmo/a de corpo enteiro e debuxar a cara (a modo de xogo, se se esquece dalgunha parte, podedes preguntarlle con que ve, escoita, anda...). Un día o corpo e outro día a cara. Respectando a etapa na que estea e sen forzar, animando a que continúe esforzándose.
- Formar o seu nome con letras magnéticas, pinzas ou escribídellas vós en papeliños para que as poidan ordear. Despois, os que queiran, poden escribilo.
- Actividades de autonomía persoal:
- Poñer e quitar os zapatos e as zapatillas sós
- Aprender a limpar uns zapatos
- Abrocharse sós
- Aprender a soarse o nariz correctamente
- Lavar os dentes
- Lavar a cara e as mans correctamente
- Cociñar en familia: cortar, remover, trasvasar alimentos, meter e sacar de botes...
- Poñer e quitar a mesa
- Tender prendas pequenas de roupa
- Pregar servilletas
- Axudar a facer a cama
- Recoller os xoguetes
(Como digo sempre, é totalmente voluntario, pero considero que son rutinas que favorecerán o seu desenvolvemento e a súa autonomía)
O conto de hoxe, é "Pequeno azul e pequeno amarelo" de Leon Lionni (Kalandraka).
Posibles actividades:
- Mesturar cores: neste caso meteremos cor amarela e azul nunha bolsa de plástico (das que tedes para conxelados) e terán que probar a cor que lles sae. Podedelo facer con xel fixador e colorante alimentario ou témpera. Despois de facer o experimento, podedes probar a formar máis cores. Finalmente, podedes utilizar o experimento como se fose unha pizarra e que fagan as súas propias creacións.
- Repetir o patrón: podedes crear este xogo con folios de cores. Primeiro vós tocades dúas cores, e os peques terán que tocar os mesmos que tocastedes vós. Logo podesdes cambiar ou aumentar a máis cores dependendo da atención que mostre o cativo/a.
- O xogo do twister do que xa falamos máis veces
- Mover o esqueleto:
Que teñades un lindo día!
🌈








Hola profe ,como no teníamos témperas ,hicimos lo del calendario .
ResponderEliminarMuchos besiños ,ya extranabamos los cuentos.