DÍA 20/04/2020
BO DÍA!!
COMO ESTADES?
😃
Comezamos a semana coas aventuras deste coelliño ao que non lle gusta nada innovar. Espero que vos guste:
Comezamos a semana coas aventuras deste coelliño ao que non lle gusta nada innovar. Espero que vos guste:
A parte das actividades diarias que vos propuxen na entrada do día 13, podedes facer as seguintes:
- Buscar na casa alimentos (vexetais, froita...) e especias con cores fortes (azafrán, café, pementón...). Coller unha cartolina, folio ou calquera folla dunha revista vella e comezar a crear... Trátase de experimentar, mancharse e probar. Todo o que fagan está xenial! (quen queira pode mandarme a obra ao meu correo electrónico 😉).
- Intentar probar algunha comida nova
- Bailar como bailan os distintos animais do conto: formiga, rato, pato, gato, porco, burro, vaca, galo. (coa vosa música favorita)
- E se queredes sorprender aos peques cun pouco de maxia... no Instagram de Luis Piedrahita (mago que admiro, realmente) podedes ver un truco no que só precisaredes un plátano e unha agulla.
Que teñades un lindo día!
🌈
Buenos días profe,así haremos después te mandamos obra de arte.😃👏👏🤩
ResponderEliminar