DÍA 29/04/2020
BO DÍA!!
COMO ESTADES?
😃
Continuamos coa estimulación da linguaxe. Desta vez, propóñovos a seguinte canción coa que traballaremos as diferentes partes da cara:
E moitas grazas por axudar a atopar a Leotolda!
Continuamos coa estimulación da linguaxe. Desta vez, propóñovos a seguinte canción coa que traballaremos as diferentes partes da cara:
Posibles actividades:
- Cantar a canción e facer os xestos.
- Formar unha cara: podedes utilizar recortes de revista ou de debuxos. É moi importante que o fagan eles/as nun primeiro momento, sen intervir. Nunha segunda parte, podedes conversar con eles/as (por exemplo: se puxeron tres ollos en vez de dous... preguntarlles sobre cantos ollos teñen e que os conten, e se queren rectificar a súa cara, pódeno facer pero se lles gusta como o fixeron, déixadeos porque é a súa obra e xa se deron conta da cantidade ao falar con vós).
- Quebracabezas cara/nome: antes desta situación fixera material personalizado para cada pequeno/a. Quen queira o seu quebracabezas para imprimir que me escriba a morado.seara@gmail.com e llo mando 😉
- Xogo con dado: trátase de lanzar o dado, mencionar a parte que nos tocou en voz alta e tocar na propia cara primeiro e logo na cara doutra persoa, a parte que nos toque. *Ampliación: podedes combinar o dado da cara con outro dado normal, lanzades os dous e tedes que tocar a parte da cara que vos toque, tantas veces como vos saíra no dado normal.
(Déixovos un dado para as que queirades imprimilo. E as que non tendes impresora, podedes modificar un dado normal, debuxando as partes da cara e pegándoas)
E moitas grazas por axudar a atopar a Leotolda!
Que teñades un lindo día!
🌈



Bravo , genial nos encantó el cuento.ole profe que biencanta
ResponderEliminar