DÍA 21/04/2020
BO DÍA!!
COMO ESTADES?
😃
O conto de hoxe é un dos preferidos dos pequechos e das pequechas, espero que o disfruten:
O conto de hoxe é un dos preferidos dos pequechos e das pequechas, espero que o disfruten:
Posibles actividades:
- Novo- mediano- maior/vello: con fotos da vosa familia, agrupar aos membros segundo sexan os máis novos, medianos ou maiores en idade.
- Xogo do lobo: primeiro tendes que facer unha casiña (con coxíns, cadeiras... o que se vos ocorra, pero que sexa segura e fóra das fouces do lobo, jeje). Os peques farán de porquiños e un maior de lobo. De maneira que o que fai de lobo irá narrando o conto: "Había unha vez un/dous/tres (os xogadores/as que sexan) porquiños que camiñaban alegremente polo monte... cando de súpeto... alá ao lonxe, apareceu un lobo famento..." E os xogadores que fan de porquiño, terán que correr e refuxiarse na casiña que montárades nun principio. Cando había cole, xogabamos moitas veces no ximnasio e encantaballes (aínda que o divertido do xogo é que estaban xuntos...)
- Memory das viñetas do conto (se non vos deixa acceder a el, avisádeme porque é a primeira vez que fago xogos con esta app e non sei se dará resultado):
Que teñades un lindo día!
🌈

Genial , Jessica ya se lo sabe de memoria, le encantan los cuentos jajja.buen día ..
ResponderEliminarBesiños profe