Coñecemos a Ecocol!
A nivel de centro, estamos a participar nunha actividade promovida pola Deputación de Pontevedra que vai sobre o tratamento de residuos orgánicos para a xeración de compost.
Polo que, este martes, coñecemos o marabilloso mundo da compostaxe da man de Rocío, que nos falou do que precisan as plantas para medrar saudables...
Coñecemos a Ecocol, un dos principais responsables deste proceso e que levaba na súa cuncha todos os restos que podemos tirar ao composteiro.
Falounos da importancia de reutilizar cousas que pensábamos tirar... e como por arte de maxia, se converten nalgo novo. Pero recordade as palabras máxicas: "Tris- trás, algo fermoso serás"
E finalmente, regalounos unha fabiña para poder plantar na clase.
GRAZAS ROCÍO POLA TÚA SIMPATÍA! VÉMONOS!
Déixovos o vídeo que nos ensinou sobre a compostaxe:

Comentarios
Publicar un comentario