Sesión de psicomotricidade con papel de xornal
As posibilidades dos xornais son numerosas... pero seguro que non se vos ocorren tantas como a nós!
Hoxe, as pequechas e os pequechos deixaron voar a súa imaxinación transformando unha folla de xornal en barcos, en avións, en gatos, en capas de superheroes, nun cohete, nunha escavadora....
E reforzamos a percepción do esquema corporal, converténdonos en camareiros/as. A nosa misión era procurar que a bandexa non caera ao chan: primeiro cunha man, logo coa outra, coa cabeza...
E patinamos cun patín e con dous!
Tivemos que cruzar por un río perigoso, saltando de roca en roca, cos pés moi xuntos!
Pero o mellor de todo, foi a batalla de bolas que fixemos para recoller (aínda que a profe recibiu demasiados pelotazos... non se pode dicir que non traballasen en equipo :) )






Jijijiji, que divertido. Jooo en mi época no nos divertimos tanto😃
ResponderEliminar