A froita do mes: "o caqui"
Probamos o caqui!
Como todos os meses, hai un día no que a profe leva froita para compartir. É unha actividade voluntaria na que teñen a liberdade de probar ou non probar. A maioría faino.
Aínda que desta volta, os caquis estaban pouco maduros e a sensación foi desagradable para algúns.
Pero non pasa nada, porque sentiron o seu tacto, uliron o seu aroma, viron a súa cor e a compararon con outras cousas que coñecían. Encantoulles a estreliña que sae cando o abrimos e por suposto, é unha boa escusa para seguir traballando autonomía e limpeza á hora de comer.

Esta fruta no le gustó mucho, jijiju, a mi tampoco pero esta genial, probar todas para aprender los sabores.
ResponderEliminar