O noso buzón de clase.
Presentámosvos o noso pequeno recuncho para seguir fomentando a lectoescritura dunha maneira funcional e útil. Desta vez, utilizamos un sistema de correspondencia para traballar o formato "carta".
Os nenos e nenas, nos seus tempos libres, poden escribir cartas aos seus compañeiros/as. As normas son as seguintes:
- A carta ten que comezar cunha presentación e finalizar cunha despedida.
- Temos que escribir a quen vai dirixida e cal é o remitente.
- Non se pode escribir nada que faga sentir mal aos demais.
Todos os venres, levarán as cartas que lles enviaron os seus compis para ler na casa.
Genial , debería de volver o de escribir con carta , e deixar de lado un poco o móvil e internet.
ResponderEliminarGracias