ECO-RETO NOVEMBRO!

Voltamos cos Eco- Retos!

💚

Como xa sabedes, do ano pasado, trátase dunha iniciativa organizada polo equipo de Voz Natura do cole, no que se pretende que as criaturas tomen unha conciencia ecolóxica na súa vida diaria.

Desta volta vos propoñemos o seguinte: "conseguir elaborar unha merenda sen utilizar ningún plástico". Sabemos que é complicado, mais precisamos a vosa axuda xa que son nenos/as moi pequenos/as como para elaborar as súas propias merendas.

Contamos con vós!




Por outra banda, dende o Faro da Escola, tamén nos propoñen un concurso de debuxo que consiste en imaxinar como son as Illas Cíes e plasmalo na folla que levan no maletín do conto.

Animádevos a participar!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!