25-N "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller"

A proposta do Equipo de Dinamización de Lingua Galega do cole e co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades e nun intento de romper cos estereotipos de xénero, esta semana reflexionamos sobre personaxes de contos e os roles que representaban cada un deles.


Para romper cos estereotipos fixemos unha dinámica na que cada pequeno/a tiña que coller unha tarxetiña cun personaxe e unha acción ao chou. 


Con ela tiñamos que facer unha viñeta e escribir o que debuxamos.


Froito disto, creamos "Escapo do conto".
Agardamos que vos guste!

💜




Esta e outras actividades do cole, compártense todas as semanas a través do Instagram do cole.

Anímovos a botarlle unha ollada:

👇









Comentarios

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!