A porta do ratiño Pérez
Comezamos o curso cos mesmos nenos e nenas pero con menos dentes dos que tiñamos o ano pasado. Na clase, temos unha lista onde imos apuntando todas estas observacións.
Estos días, non paraban de falar dos dentes que perderan e da lenda do ratiño Pérez. Algúns peques trouxéronnos contos que falaban da mesma pero a alguén se lle ocorreu que podíamos facerlle unha porta.
E así xurdiu a idea. Primeiro, a deseñamos facendo un debuxo e logo pensamos no material que precisaríamos. Amoseille algún material de refugallo e decidiron que a mellor opción serían os paús de xeado mini. Puxéronse mans á obra e....
Como algunhas xa tiñan porta para o Ratiño, quixeron facer outra para a fada dos dentes.
😊
Como vedes, cada unha diferente e igual de especial!

Jessica aún no le cayó ninguno pero tiene su puertita en la habitación del ratoncito perez
ResponderEliminar