DÍA DA POESÍA
O 23 de marzo celebramos o Día da Poesía no cole facendo a nosa propia poesía colectiva. Así pois, partindo dunha primeira estrofa
que Searín ideou xunto coas profes, as distintas titorías foron aportando novos
versos. Comezamos cos máis pequechos en infantil e a poesía seguiu crecendo ata
chegar ao sexto curso. Ademais, o seu contido está enfocado no PDI de centro e
podemos asistir á súa lectura comezando o seu percorrido na planta baixa ata
chegar ao primeiro andar, pois cada estrofa está plasmada nunha cartolina.
Como somos conscientes de que a poesía como máis nos gusta é cando alguén nola recita, algúns rapaces e rapazas foron á radio gravala para que poidades escoitar o resultado final.
😊
Precioso 💗
ResponderEliminar