"Rosalía pequeniña"

Hoxe, o lobo feroz deixounos un sobre no que había unha carta que contiña pistas sobre a protagonista do día: unha foto e unhas letras.



Tivemos que indagar sobre quen era a muller da foto (onde vivía, a que se dedicaba, cantos anos tiña...) e descubrir o seu nome coas letras que nos deixara como pista.


A profe de música, ensinounos unha canción e nos falou máis cousiñas sobre a vida de Rosalía de Castro.


Entre todos/as interpretamos a canción!


Anímovos a pasar polo blog da biblio para ver os demais cursos...




Así a imaxinamos nós:








Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!