Creación literaria a través da portada dun conto
Como esta semana non puidemos ir á Biblio a polos contos, encargueime eu de buscarlles algúns títulos que lles gustaran.
Aproveitamos para facer unha actividade de creación literaria, que consistía no seguinte:
- Escollemos a portada que máis nos guste (sen abrir o libro nin ver o seu interior).
- Observamos con moito detalle o debuxo e o título da portada.
- Imaxinamos a resposta ás seguintes preguntas: quen será o protagonista, como se chamará, onde vive, con quen, que aventuras correrá....
- Debuxamos o que acabamos de imaxinar.
- Inventamos un novo título.
Velaquí algúns exemplos:
Anímovos a que xoguedes cos pequechos/as a imaxinar novas historias a partires dunha portada, un título, unha personaxe...
Algúns debuxarán, outros escribirán con algunhas letras que coñezan e outros, garabatearán... Non vos preocupedes, cada un vai ao seu ritmo e está evolucionando pouco a pouco, sen présas nin presións.
O importante é conseguir que amen a literatura, non que a aborrezan.
📖
Perfecto 👌
ResponderEliminar