"Os Bichocos": uns amigos moi especiais
Coma tódolos cursos, contamos coa visita de Rocío, a especialista en compostaxe (do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra) que nos achega este termo da forma máis divertida posible.
Este ano, presentounos aos Bichocos, eses animaliños tan necesarios para que o compost sexa perfecto para a terra e poidan medrar hortalizas e verduras.
Tamén nos recordou a importancia de reciclar. E xogamos a clasificar o lixo:
Graciñas Rocío por adaptar todo á situación, sen perder a parte lúdica que tanto lles gusta aos peques!
Ata pronto Ecocol!








Que original,chao ecocol
ResponderEliminar