"Camiñando cara o 2030"
"Camiñando cara o 2030" é o título do noso proxecto didáctico integrado (ou proxecto anual de centro) para este curso 2020-21. Estamos nun momento clave para entender que mellorar o
planeta depende das nosas accións e o tipo de actividades que realizamos. Así
pois, imos basearnos nalgúns dos obxectivos que a ONU estableceu na súa axenda para o
2030 para o noso punto de partida. Seguro que o camiño que imos recorrer vai
ser impactante mais tamén estará cheo de ilusión e de propostas de cambio.
Cada mes, haberá un Eco-Reto diferente que tratará accións
encamiñadas a concienciar sobre algún aspecto relacionado cos obxectivos da
Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible (diminución de plásticos de un só
uso, reciclaxe, eficiencia enerxética, hábitos de consumo responsable…). O
alumnado terá un carné propio no que irá rexistrando os retos que vaia
conseguindo ao longo deste curso.
O Eco-Reto do mes de Novembro é o seguinte:
Animámosvos a que participedes xunto coas infancias xa que o
exemplo ten máis forza que as normas e isto é algo de toda a comunidade.
A proposta é boísima ademais de moi necesaria. A polos Eco-Retos!😁
ResponderEliminarSii esta genial la idea ,
ResponderEliminarEco retos 👌💪