25- N: "A igualdade nos xoguetes"

Nestas etapas intentamos facer fincapé na igualdade de oportunidades entre ambos sexos. Relacionado co proxecto que estamos a levar a cabo na aula "O meu corpo", fixemos a seguinte dinámica:

En primeiro lugar, observamos as diferencias físicas entre Pepiña e Pepiño:



Despois, pedinlles que escolleran xoguetes para regalarlle á nena e xoguetes para regalarlle ao neno. Tiñan que poñerse de acordo nos equipos:



E foron colocando as súas eleccións:


Este foi o resultado:



Como podedes observar a Pepiña regaláronlle, maioritariamente bonecas ou aparellos para coidalas e a Pepiño, cousas con rodas ou dinosaurios...

É unha dinámica para que reflexionen eles/as, pero tamén nós como adultos xa que, a igualdade de oportunidades comeza pola liberdade de elección nos xogos.

Independentemente das diferenzas físicas, tódalas persoas deberían ser libres para escoller a que queren xogar para que, na etapa adulta poidan tomar as súas propias decisións sen prexuízos sexistas.

Así no lo explicaron os bolechas:















Comentarios

Entradas populares de este blog

Desfrutando do outono!

O SUPERMERCADO

ECO-GRAZAS!