Experimento 1: "Por que as follas son de cor verde?"

O coñecemento nace das dúbidas e da resolución das mesmas...



O outro día xurdiu a pregunta de "por que as follas das árbores son de cor verde?", a cal os pequenos/as intentaron resolver deixando voar a súa imaxinación: "porque están no chan", "porque as pintaron de verde", "porque están nos bosques verdes"...
Para resolver esta pregunta, fomos recoller folliñas. O grupo amarelo, recolleu follas amarelas, o grupo vermello, folliñas vermellas.... 


Cando voltamos á clase, partímolas en anaquiños pequenos:


E clasificamos as bandexas grupais atendendo a súa cor:




Logo, coa axuda dun morteiro, machacamos os anacos das folliñas:


A profe, botou un pouco de alcohol...


E botamos o líquido resultante nun vaso de cristal:


Puidemos comprobar que a cor verde das follas se debe a un pigmento que se chama CLOROFILA. Dito pigmento é o que permite ás follas, coller a enerxía do sol e medrar. Pero para que haxa producción de clorofila, son necesarias temperaturas cálidas e luz solar.  Por iso no outono, onde as condicións climatolóxicas mudan, as follas deixan de producir tanta clorofila e saen de manifesto outros pigmentos cuxas cores son amarelas, marróns, laranxas...

Finalmente, documentamos cientificamente o procedimento:


 









Comentarios

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!