DÍA 17/04/2020

BO DÍA!!

COMO ESTADES?

😃


Espero que vos guste o baile (que os peques xa coñecen) e vos animedes a facelo comigo:




Posibles exercicios para facer despois do baile:

*MATERIAL QUE PRECISAREMOS: ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO/DE COCIÑA... (se non tendes, podedes utilizar bolas de papel de xornal ou revista... pero aconséllovos que vaiades gardando estas cousas porque seguro que nos van a servir para facer actividades)



  • Xogar libremente co material
  • Distribuímos os rolos polo chan, colocándoos de maneira vertical e corremos arredor deles sen tiralos ao chan.
  • Por parelllas, collidos da man, pasar un pola dereita e outro pola esquerda do rolo (de maneira que o rolo quede no medio)
  • Saltar por enriba de cada rolo.
  • Dar unha volta ao redor de cada un dos rolos.
  • Construir unha muralla (con tres rolos) e saltar por enriba da mesma, intentado non derribala. Saltar cunha perna e caer sobre a outra, saltar coas pernas xuntas, dar saltos moi altos...
  • Derribar a muralla formada dando voltas sobre o chan
  • Pasar o rolo coas dúas mans, primeiro con unha e logo coa outra, cos pés... a outra persoa.
  • Coas pernas xuntas, colocar o rolo sobre os empeines dos pés e levantar as pernas para que o rolo baixe cara a barriga.
  • Tumbados boca abaixo, poñer o rolo nas omoplatas e levantarse sen que caia.
  • Xogar a que somos camareiros/as e camiñar co rolo na palma da man (primeiro cunha e logo coa outra)
  • Poñer o rolo na cabeza e camiñar sen que caia.
  • Facer unha muralla tan grande coma nós mesmos e logo derribala.


  • Momento relaxación: tumbarse boca arriba e poñer o rolo na barriga. Inspirar e expirar para que o tubo suba e baixe.
--------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais tendes varias propostas dende a biblio do cole:



http://ceipseara.blogspot.com/


e do departamento de inglés:





http://searaenglish.blogspot.com/


Animádevos a participar!!!

Que teñades unha boa finde!
🌈

Comentarios

  1. Jajjja ahora entiendo cómo es el baile que hace siempre Jessica con las canciones,igual que baila con la profe Ángela.


    Siempre guardamos los rollos de papel ,jugaremos .besiños profe .buen finde

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!