DÍA 1/05/2020

BO DÍA!!

COMO ESTADES?

😃

Xa estamos en Maio, recordade pasala páxina do voso calendario!
Espero que vos guste o conto de hoxe, tanto tanto coma min.




Posibles actividades:
  • Asemblea familiar: diálogo sobre o que máis nos gusta de cada membro. Exemplo: "Grazas por ser tan divertida...grazas por facer unha comida tan rica....grazas por xogar conmigo..."
  • Facer un debuxo para alguén que queramos moito.
  • Estatuas amorosas: poñemos a canción que máis nos guste e cando pare a música (ou cando diga algunha palabra que teñamos pactada) temos que darnos unha aperta.
  • Facer unha cápsula do tempo: no que metades aquelas cousas que para vós teñen máis importancia a día de hoxe. Podédelo facer como unidade familiar, de maneira que cada membro meta algo ou sós/as. Estamos a vivir un momento histórico e seguro que nun futuro, voltaremos a vista atrás e nos alegrará observar o que para nós era máis importante nesa época.
(Eu xa fixen a miña)



  • Spa familiar: masaxes nas costas (coas mans ou con pelotas), presionar despacio e suave os dedos das mans e dos pés, peinarnos o cabelo cos dedos das mans... o que se vos ocorra e que vos relaxe.

---------------------------------------------------------------------------------------------

Gustaríame compartir convosco un pouco de humor do xa falecido periodista Carles Capdevila, co obxectivo de facervos rir e reflexionar sobre que cousas teñen importancia e cales, non tanto.





Que teñades un lindo finde!
🌈

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!