Estimulación da linguaxe: o sopro
Todas as semanas dedicamos unha sesión á estimulación da linguaxe oral. Se lles preguntades pola señora Lingua aos pequechos e ás pequechas, estou segura que vos saberán dicir quen é e o que fai.
Nestas últimas sesións, puxemos especial importancia á habilidade de soprar correctamente. Debemos ter en conta que o sopro é un dos prerrequisitos fundamentais para que a linguaxe poida adquirirse e desenvolverse correctamente xa que, o control e a forza do mesmo van favorecer o control da respiración no acto de falar, o entrenamento dos músculos faciais que participan na fala e a execución axeitada dos diferentes fonemas.
Estas foron algunhas das actividades que fixemos:
- Soprar pintura cunha palliña:
- Batallas de pompóns por parellas:
- Facer pompas de xabón:
Comparto con vós máis actividades para que poidades xogar na casa. É moi importante que o sopro se produza na maneira correcta; é dicir, coa boca entreaberta e os beizos en forma de O. Outro aspecto fundamental á hora de realizar estos exercicios é coordinar a respiración (a inspiración debe ser nasal e a expiración bucal). E sempre sen esquecer o carácter lúdico, é un xogo non un deber, no momento que se cansen, hai que parar:
- desprazar papeliños a través dunha superficie soprando
- aproveitar o tempo de baño para soprar a espuma
- soprar unha vela
- xogar con pomperos
- soprar cun silbato
- facer circuitos con plasti e logo conducir unha boliña de pin pon


Uyy !!! Eso le encan a la mia, jijiji ,las pompas ,la pajita con el zumo o Colacao ,soplar en la trompeta ,la flauta. se lo pasa pipa😃
ResponderEliminar