DÍA 19/03/2020

BO DÍA

😄

O conto de hoxe é: "¿De qué color es un beso" de Rocío Bonilla




Posibles actividades:
  • Facer unha postal con bicos de cores para papá. Escribir o seu nome (co material que queirades: selos, pegatinas, rotus...)
  • Esconder bicos nalgunha habitación da vosa casa e que os/as peques os teñan que atopar. Logo podedes contalos. (Adaptación: podédelos facer de varias cores e así, teñen que ir primeiro a polos bicos azuis, cóntanse. Despois, polos bicos vermellos, cóntanse. Agrupádeos por cores e podedes xogar con conceptos lóxicos como "onde hai máis, onde hai menos"...)
  • Elaborar madalenas caseiras (ou calquera outro doce). Déixovos un exemplo:

  • Celebrar unha comida/cea especial neste día (para papar as madalenas ou calquera outro doce) e dicir en alto o que máis nos gusta de cada membro da nosa familia.
  • Xogo motor: "twister" (podédelo facer caseiro, con folios de cores no chan e construíndo o voso propio dado)

  • E para mover un pouco o esqueleto podedes utilizar o Just Dance Kids de Youtube e bailalo toda a familia (prométovos que fai suar... jaja)

Comentarios

  1. Que guay y original ,yo tengo folios de colores y haremos esto divertido.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!