DÍA 18/03/2020
BO DÍA!
🙂
Este mércores, temos un vídeo un pouco especial. Trátase dunha adaptación dunhas pautas xa publicadas pola psicóloga Manuela Molina.
Espero que vos guste e vos faga rir un pouco (perdoade a miña pésima interpretación, a corentena dá para moito, pero non fai maxia... 😔)
Posibles actividades:
- Debuxar ao coronavirus ou facelo con calquera outra técnica.
- Formar o seu nome con selos, letras móbiles, pegatinas... e pensar máis palabras que teñan esas letras. Contar cantas letras ten a palabra do virus.
- Xogo "CazaVirus": con folios de cores podedes facer minicoronavirus e atrapalos coa man ou un matamoscas (para decidir a cor, podedes tirar un dado no que as caras, en vez de números, sexan cores). Adaptación: se poñedes os virus de cores no chan, poden saltalos, ir correndo, a pata coxa, reptando, bailando diferentes tipos de música... segundo vaia saíndo no dado (canto máis afastados estean, máis será o esforzo físico. Estou segura que o precisarán).
- Facer un mural co material que teñades por casa para colgar da vosa ventá (é unha iniciativa que estou vendo nalgunhas fiestras do meu barrio) e así, verán que pretiño deles, hai máis nenos/as e poderán falar con eles/as. Podedes recordar que debemos quedar en casa ou transmitir mensaxes de esperanza.
- Falar de como se senten (é completamente normal estar triste, preocupado...). Se falan dunha emoción desagradable, podedes facerlle matinar que é o que poden facer para sentirse mellor.
- Outros vídeos explicativos:

Buenos días ,hoy dibujamos ,biennnmm.besiños profe
ResponderEliminar