DÍA 17/03/2020

BO DÍA!

😀

Hoxe vos presento: "Es ti o meu amigo?" de Magda Soldado e Jacobo Muñiz:




Posibles actividades:

  • Dialogar sobre quenes son os seus amigos/as, por que son importantes e que fan con eles/as.
  • Debuxar aos amigos/as da aula e escribir o seu nome (na etapa na que estean e sen forzar, respectando a etapa psicoevolutiva na que se atopan. Podedes usar selos de letras ou recortes de letras de revistas ou periódicos para formalos. Importante: recalcar o son da letra. Por exemplo, a "eme" dise "mmmm"). Anímovos a que compartades os debuxos polo grupo así seguirán en contacto.
  • Mandar un audio ou videochamada a algún compi.
  • Xogo motor: escribide os nomes dos compis nun folio grande (sempre en maiúscula) e colocádeos no chan. As criaturas deberán moverse ao son da música que vos escollades e cando pare a canción, deberedes dicir o nome dun amigo/a e eles terán que buscalo e saltar enriba. (Consello, escribide a inicial doutra cor). Variación: podedes ensinar a foto do compi e que vaian a buscalo
  • Formar os nomes dos compis e o seu con tapóns ou pinzas da roupa



  • Bailar a canción: "Eu teño alguén no meu corazón" 

Comentarios

  1. Hola buenos días profe y a tod@s hoy nos encanta el cuento y vamos a hacer los deberes ,y también a hablar en un video een el grupo de papis con mis amig@s.
    Besiños profe de Jessica.gracias

    ResponderEliminar
  2. Hola buenos días gracias por el cuento profe , después vamos a hacer los deberes que me pone mamá

    Y también ahora vamos a hacer las cosas de casa y hacer el vídeo para mis amig@s,y los deberes que dices tú , gracias profe por estar con nosotros,nos hace mucha ilusión.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!